Antonescu, Ion

Antonescu, Ion

Militar e político romanés. Agregado militar en diversas capitais europeas, sentiuse atraído polas doutrinas fascistas e nazis. No 1940 dirixiu un golpe de estado, que obrigou ao Rei Carlos II a abdicar no seu fillo Miguel, con Antonescu como primeiro ministro. Na Segunda Guerra Mundial apoiou o Eixe, e ao se producir a desfeita romanesa foi destituído e fusilado.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pitesti

  • Deceso

    Lugar : cárcere de Jilava, Bucarest