"Tordesillas" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado á beira do río Duero (8.045 h [2001]). É un importante centro comercial. Residencia dos reis casteláns, tivo un papel importante na historia da Coroa de Castela e aquí asinouse en 1494 o Tratado de Tordesillas. Do seu patrimonio cultural destaca o convento de Santa Clara (BIC, 1931), de estilo mudéxar, e as igrexas de Santa María (BIC, 1984) e San Antolín (BIC, 1998). Os baños árabes do antigo palacio real son dos mellores conservados na Península Ibérica. O conxunto histórico da vila foi declarado BIC (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado en Tordesillas o 7 de xuño de 1494, entre os Reis Católicos e Xoán II de Portugal, polo que Castela e Portugal fixaron a liña de demarcación das súas futuras posesións en ultramar. O resultado foi un pacto no que a liña de demarcación se situou a 370 leguas ao O das illas de Cabo Verde; desta maneira, a terra descuberta ao L desta liña pasaba a depender de Portugal e a do O, de Castela. Foi ratificado polos Reis Católicos en Arévalo (2 de xullo de 1494), por Xoán II de Portugal en Setúbal (5 de setembro de 1494) e polo Papa Xulio II (1506).

    VER O DETALLE DO TERMO