"Torri" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 20.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actividade rítmica espontánea que presentan as neuronas corticais illadas.
-
-
Relativo ou pertencente aos cetorrínidos.
-
Peixe da familia dos cetorrínidos.
-
Familia de peixes da orde dos galeiformes á que pertencen as quenllas peregrinas ou maróns.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao individuo que ten o índice nasal de ata 69,9, polo que o seu nariz é estreito. Entre os leptorrinos típicos están os kurdos, os armenios e os esquimós.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afabilidade de trato ou de carácter.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero da orde dos monotremos que pode chegar ao medio metro de lonxitude total. De corpo aplanado, presenta unha cola ampla e deprimida, os dous pares de patas transformadas en aletas e a cabeza remata nun bico plano. O corpo está completamente recuberto dun pelame de cor castaña nas partes superiores e máis clara nas inferiores. Trátase dun animal de costumes acuáticos que nada e se move pola auga con grande axilidade. Vive na banda oriental de Australia e en Tasmania.
-
-
Relativo ou pertencente aos ornitorrínquidos.
-
Mamífero da familia dos ornitorrínquidos.
-
Familia de mamíferos prototerios, da orde dos monotremas, que comprende un único xénero (Ornithorynchus) e unha única especie, o ornitorrinco (O. anatinus).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en otorrinolaringoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialidade médica que trata as afeccións do oído, do nariz e da larinxe.
-
-
Relativo ou pertencente a Puerto Rico ou aos seus habitantes
-
Natural ou habitante de Puerto Rico.
-
Literatura en castelán que se desenvolve en Puerto Rico. Iniciouse cando o movemento romántico se xeneralizou en toda América Latina. Nun principio, Manuel A. Alonso recolleu na súa obra poesía e prosa de cariz popular, mentres que Alejandro Tapia y Rivera refacía a historia en forma de poesía, novela e drama. En toda a segunda metade do s XIX o ensaio tivo moita importancia, especialmente con Eugenio María de Hostos. No cambio de século algúns escritores como M. Zeno Gandía cultivaron unha excelente prosa naturalista crioula, mentres que Evaristo Ribera Chevremont foi o introdutor das novas tendencias do s XX, en especial do ultraísmo. A comezos de século, o poeta máis destacado foi Luis Palés Matos, ademais de F. Matos Paoli, F. Lluch Mora, V. López Suria e J. Emilio Gonzalez. En prosa dominou a temática da terra e a problemática social con E. A. Laguerre. A afirmación contraria ao dominio dos EE UU e a loita pola personalidade histórica da illa e dos seus valores esenciais constitúen...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola xaponesa das artes da impresión, tanto de libros como sobre madeira. Foi iniciada por Kiyonobu (1664-1729), fillo dun ilustrador de escenografías teatrais, e continuárona Kiyomasa (1706-1763), Kiyomitsu (1735-1785) e Kiyonaga (1752-1815).
-
PERSOEIRO
Físico e matemático italiano. Estudou en Faenza e Roma. Sucedeu a Galileo como matemático do gran duque de Toscana. Estudou o movemento dos corpos e o seu equilibrio, así como a caída dos líquidos. Construíu diversos instrumentos, entre eles un termómetro, e en 1643 realizou unha experiencia para medir a presión atmosférica mediante un tubo de mercurio, que constitúe o fundamento do barómetro. Publicou Trattato del moto (1640) e Opera geométrica (1644).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Principio segundo o que a velocidade de saída dun líquido por un orificio que está situado nun nivel h baixo a superficie libre de líquido é a mesma que ten en caída libre desde unha altura igual, é dicir, v = √2 gh,---- da que g é a aceleración da gravidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Churruchao.
-
-
Que é moi cálido ou abrasador.
-
Zona da superficie terrestre situada entre os dous trópicos e dividida en dúas partes iguais polo Ecuador, que se caracteriza por ter un clima moi caloroso.
-
-
PERSOEIRO
Escultor italiano. Seguidor de Miguel Anxo e con influencias de B. da Maiano, o seu estilo alternou entre o academicismo e o naturalismo. Traballou en Roma, en Londres (esculturas de Enrique VII de Inglaterra e Isabel de York, sepulcro de Enrique VIII de Inglaterra e Catarina de Aragón) e en Sevilla (1520), onde contribuíu á introdución das formas renacentistas (Virxe co Neno, San Xerome penitente).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao NO da capital provincial (10.281 h [2001]). Posúe agricultura de regadío, gandaría e industrias derivadas e metalúrxicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político panameño. Formouse nas escolas militares de El Salvador, EE UU e Venezuela. Tenente coronel da Guardia Nacional, tomou parte no golpe militar que derrocou ao presidente Arnulfo Arias en 1968. Convertido en comandante da Guardia Nacional, exerceu un control pleno e ditatorial do Estado, gobernando por decreto e encarcerando e exiliando aos seus adversarios. O seu fillo, Martín Torrijos , secretario do Partido Revolucionario Democrático, asumiu a presidencia de Panamá en 2004.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Durante a restauración absolutista interveu en diversas conspiracións liberais e foi encarcerado. En 1824, restaurado de novo o absolutismo tras o Trienio Liberal, tivo que refuxiarse en Londres desde onde organizou unha expedición antiabsolutista. Vítima dunha trampa que urdiu o xeneral Vicente González Moreno, gobernador militar de Málaga, desembarcou en Fuengirola con 50 homes, onde foi capturado e fusilado cos seus compañeiros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
torresmo.
-
PERSOEIRO
Pintor e mosaicista. Cara a 1280 colaborou con Cimabue na decoración da igrexa alta de San Francisco de Asís. En Roma (1280-1295), foi o representante principal, xunto con P. Cavallini, da nova cultura figurativa. Destacan os mosaicos que fixo para a ábsida de Santa María Maggiore.
VER O DETALLE DO TERMO