Torri

Torri

Escola xaponesa das artes da impresión, tanto de libros como sobre madeira. Foi iniciada por Kiyonobu (1664-1729), fillo dun ilustrador de escenografías teatrais, e continuárona Kiyomasa (1706-1763), Kiyomitsu (1735-1785) e Kiyonaga (1752-1815).