Torrevella

Torrevella

Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (50.953 h [2001]). Ten cultivos de cítricos, hortalizas, amendoeiras, vide e cereais. É importante a actividade turística, con moitos apartamentos e urbanizacións na costa. A industria é pouco relevante mentres que case dúas terceiras partes da poboación activa traballan no sector terciario.