"Tula" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 76.

  • Proposición segundo a que se collen dous elementos calquera, α e β, dun conxunto que teña estrutura de semigrupo ordenado, existe un número enteiro n tal que nα ³ β, é dicir, hai múltiplos do pequeno maiores ca o grande. Os conxuntos nos que se verifica esta proposición denomínanse conxuntos arquimedianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores da familia das betuláceas que engloba 50 especies, propias das rexións temperadas e frías do hemisferio norte, ao que pertencen os bidueiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás betuláceas.

    2. Planta leñosa, árbore ou arbusto da familia das betuláceas.

    3. Familia de plantas leñosas, árbores ou arbustos, que comprende unhas 70 especies, da orde das fagais. As flores dispóñense en amentos masculinos e femininos. A planta monoica florece antes da saída das follas. Danse nos países temperados e fríos do hemisferio norte, aínda que hai algunhas especies na alta montaña tropical de América e Asia. Gran parte das betuláceas proporcionan madeira, moi apreciada na construción de mobles. A esta familia pertencen o amieiro, o bidueiro e a abeleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública con sede en Sevilla. Fundada por Fernando Colón (morto no 1539), fillo de Cristóbal Colón e cóengo de Sevilla. Pasou posteriormente ao cabido de Sevilla. Aínda que se perderon e se espallaron moitos libros, consta de 6.257 pezas, algunhas de gran rareza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten dous condutos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase de desenvolvemento embrionario comprendida entre o final do período de segmentación e o comezo da gastrulación. Nos animais con segmentación total, a blástula é un agregado celular esférico cunha cavidade interior, o blastocelo. Xusto cando o blastocelo acaba de formarse, fálase de blástula primaria ou blastocisto nos mamíferos. Antes de iniciarse a gastrulación, convértese en blástula secundaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso embrionario que conduce á formación da blástula. Iníciase coa formación do blastocelo na mórula e conclúe cando comezan os movementos celulares da gastrulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herbácea perenne e tuberculadas de ata 1,75 m de altura, de talos estriados e follas tripinnadas, con flores de pétalos amarelos dispostas en umbelas grandes e esferoidais de ata 25 raios. Ten un froito de ata 15 mm con expansións membranosas. Esténdese por toda a Península Ibérica e polo sur de Francia. Resulta tóxica para o gando e provoca fotosensibilización nas ovellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte das Sagradas Escrituras que se reza, despois dos salmos e das antífonas, en todas as horas canónicas, excepto os matíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de capitular.

      1. Convenio militar que pon fin á resistencia dunha tropa sitiada nunha praza fortificada ou rodeada en campo aberto, polo que se establece, segundo as regras de honor militar, o trato que teñen que recibir oficiais e soldados. Posto que non concerne á constitución administrativa ou política do territorio, non precisa confirmación do xefe de estado e entra en vigor de forma inmediata.

      2. capitulación incondicional

        Capitulación na que as forzas gañadoras se consideran libres de calquera compromiso de tipo xurídico respecto aos vencidos. Foi aplicada durante a Segunda Guerra Mundial polas forzas aliadas a Alemaña e a Xapón.

    2. Na Península Ibérica, durante o proceso de expansión territorial dos reinos cristiáns cara ao sur, era unha rendición pactada entre os reis cristiáns e os musulmáns, pola que estes conservaban determinados dereitos e propiedades. Era similar ao sulh musulmán. Tiña como finalidade evitar a despoboación do territorio conquistado. Afonso VI de Castela pactou a capitulación de Toledo (1085), Afonso I de Aragón a rendición de Zaragoza (1118) e Xaime I de Aragón a de València (1238).

    3. Desde o s XV, contrato establecido entre a monarquía e uns particulares para levar a cabo unha empresa xeralmente político-militar. O custo da empresa achegábao a monarquía, aínda que en ocasións tiña que recorrer a empréstitos de mercadores ou á outra parte contratante. O obxectivo xeral era a exploración e conquista dun territorio, pero tamén se firmaban outras capitulacións nas que o estado confiaba a un particular a construción de obras públicas, a explotación dos recursos naturais ou a tramitación de relacións comerciais cos pobos indíxenas. Adoitábase conceder aos asinantes o goberno civil e militar e a impartición de xustiza con cargos como os de adiantado, gobernador ou capitán xeneral. As capitulacións asinadas para a conquista das Canarias foron un significativo precedente e, no caso do continente americano, estas inicíaronse coas capitulacións de Santa Fe (17.4.1492) entre os Reis Católicos e Colón.

    4. Cada unha das disposicións que o emperador do Sacro Imperio xuraba, unha vez elixido, confirmando as soberanías dos príncipes electores.

    5. Contrato ou condicións relativas ao matrimonio que se estipulan por escrito entre as partes. A súa función principal é a de lles permitir aos cónxuxes o pacto do réxime económico familiar que máis se adapte ás súas necesidades e conveniencias. Tamén poden servir para regular a sucesión mortis causa, pactando nelas a institución de herdeiro, crear unha comunidade familiar que obrige os seus membros a unir esforzos e achegar os seus ingresos para auxiliar as necesidades familiares e establecer beneficios de viuvez ao conxuxe sobrevivente. As capitulacións matrimoniais están admitidas no dereito español e tamén noutros países como Francia, Bélxica e Suíza co nome de contrat de mariage. Presentan moitas variantes, pero é fundamental en case todos a existencia da herdanza que os pais fan a favor dos fillos que casan (herencia); nelas figuran tamén moitos outros pactos, tales como a reserva de cantidades ou de propiedades para dotar os outros fillos, reserva do dereito...

    6. Convenio polo que se establecía o estatuto xurídico dos súbditos dos estados occidentais nos países non cristiáns. Utilizouse no Imperio Otomano e, posteriormente, nos estados do norte de África e nos países baixo ocupación colonial, protectorados, etc. Iniciado no s XV por acordo entre o Sultán Muhammad II e Xénova e Venecia, xeneralizouse a partir do pacto entre Francisco I de Francia e Sulaymān II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado o 18 de setembro de 1509 entre Manuel I de Portugal e Xoana I de Castela coa intención de resolver as dúbidas existentes sobre os límites de navegación e conquista na costa africana, definidos no Tratado de Tordesillas (1494). Estableceuse que Portugal renunciase á conquista de Vélez de la Gomera, Cazaza e todas as poboacións costeiras, mentres Castela recoñecía a soberanía portuguesa dos territorios comprendidos desde Vélez ata o cabo Bojador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado entre os Reis Católicos e Cristovo Colón en Santa Fe (Granada), o 17 de abril de 1492, para a conquista das Indias. Nelas concedíanselle a Colón os títulos de almirante, vicerrei e gobernador xeral das terras descubertas, con carácter vitalicio e hereditario, e a décima parte das riquezas obtidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen capitula.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a un cabido secular ou eclesiástico ou ao capítulo dunha orde.

      2. sala capitular

        Lugar de reunión da comunidade de relixiosos nos mosteiros ou dos cóengos nas catedrais.

      1. Membro dun capítulo eclesiástico.

      2. Membro con voto dalgúns organismos, como o rexedor no seu concello.

    1. Precepto legal procedente dos soberanos carolinxios e das súas asembleas lexislativas, con vigor en todo o Imperio. Algúns deles, sen embargo, tiñan carácter adicional nos códices vixentes nas rexións anexionadas.

      1. Aplícase á letra maiúscula, impresa ou manuscrita, empregada como inicial da primeira palabra dun texto, libro, capítulo, parágrafo, etc, con intención estética, a miúdo ornamentada. A forma máis antiga e máis simple de obter o efecto estético era escribila á marxe do texto. O ornamento máis antigo (s VI) consiste no entrelazado e en elementos xeométricos, aínda que tamén aparecían adornadas con figuracións florais, zoomorficas e antropomorficas e, máis tarde, apareceron enmarcando unha escena alusiva ao texto ou ben incluídas dentro da propia escena. Coa imprenta as letras capitulares continuaron representando un papel artístico, sobre todo do s XV ao s XVII.

      2. Aplícase a calquera tipo de letra maiúscula, manuscrita ou de imprenta.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Chegar a un acordo ou pacto dúas persoas ou partes.

      1. Entregarse un exército ou unha praza de guerra, estipulando co inimigo as condicións para a rendición.

      2. Renderse ao inimigo baixo determinadas condicións.

      3. Declararse vencido ou someterse en calquera asunto despois de ofrecer resistencia ou oposición.

    2. Cantar as capítulas das horas canónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro de coro que contén as capítulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Libro que reúne cunha certa orde expositiva (sistemática, cronolóxica, xeográfica, etc) unha serie de documentos e copias de documentos relativos a un determinado dominio civil ou eclesiástico, e que ten como función máis importante a de conservar e facilitar a consulta dos privilexios, títulos e dereitos dominicais dunha entidade xurídica ou dunha familia. Apareceron por vez primeira en Inglaterra trala conquista normanda, destinados ás fundacións relixiosas, aínda que logo os empregaron particulares e institucións civís. A presentación dos cartularios, polo menos ata o s XIII, adóitase axustar a unhas características determinadas: gran formato (de cuarto maior a folio maior), en pergamiño, con algunhas ilustracións, e escrito a dúas columnas. Os cartularios constitúen unha importante fonte historiográfica. Teobaldo I de Navarra (1201-1253) estableceu as súas leis por escrito e elaborou un Cartulario Magno con todas elas. Destacan o Liber Feudorum Maior (ss XII-XIII),...

      1. Arquiveiro palatino que no Imperio Romano de Oriente tiña ao seu cargo a conservación dos documentos públicos.

      2. En Italia, funcionario civil ou eclesiático encargado da conservación dos documentos públicos e que actuaba tamén como notario.

    2. Libro que levaba o escribán dunha nave para anotar nel os datos de carga e descarga, ademais doutros detalles da contabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Blástula orixinada dun ovo oligolecítico, cun blastocele central de grandes dimensións envolto por unha capa de blastómeros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de congratular ou congratularse.

    2. Expresión de felicitación. OBS: Xeralmente, utilízase en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manifestar unha persoa satisfacción a outra á que lle aconteceu algo favorable.

    2. Mostrarse contenta ou satisfeita unha persoa por algún acontecemento favorable.

    VER O DETALLE DO TERMO