1 capitular

1 capitular

(

  1. [RELIX]
    1. adx

      Relativo ou pertencente a un cabido secular ou eclesiástico ou ao capítulo dunha orde.

      Ex: Disposicións capitulares.

    2. sala capitular

      Lugar de reunión da comunidade de relixiosos nos mosteiros ou dos cóengos nas catedrais.

      Ex: A reunión do cabido celebrouse na sala capitular da catedral.

      Sinónimos: cabido, capítulo.
  2. s m
    1. Membro dun capítulo eclesiástico.

    2. Membro con voto dalgúns organismos, como o rexedor no seu concello.

  3. s f [HIST]

    Precepto legal procedente dos soberanos carolinxios e das súas asembleas lexislativas, con vigor en todo o Imperio. Algúns deles, sen embargo, tiñan carácter adicional nos códices vixentes nas rexións anexionadas.

  4. adx e s f [GRÁF]
    1. Aplícase á letra maiúscula, impresa ou manuscrita, empregada como inicial da primeira palabra dun texto, libro, capítulo, parágrafo, etc, con intención estética, a miúdo ornamentada. A forma máis antiga e máis simple de obter o efecto estético era escribila á marxe do texto. O ornamento máis antigo (s VI) consiste no entrelazado e en elementos xeométricos, aínda que tamén aparecían adornadas con figuracións florais, zoomorficas e antropomorficas e, máis tarde, apareceron enmarcando unha escena alusiva ao texto ou ben incluídas dentro da propia escena. Coa imprenta as letras capitulares continuaron representando un papel artístico, sobre todo do s XV ao s XVII.

      Sinónimos: capital.
    2. Aplícase a calquera tipo de letra maiúscula, manuscrita ou de imprenta.