"Tuy" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario da cidade de Tui que viu a luz no ano 1919 baixo a dirección de Antonio Cerviño González. Cesou en agosto do ano seguinte. Entre os seus colaboradores figuraban Vicente Rivadeneira e Martín Lázaro Calvo. As diferentes seccións que conformaban esta publicación eran “Artículos divulgativos”, de temática agrícola e pecuaria, “Legislación”, “Noticias generales”, “Conocimientos útiles” e “Mercados”. A pesar de que a tiraxe era de 800 exemplares, a súa difusión real debeu ser moi escasa. Cando deixou de publicarse este boletín, o xornal La Integridad sacou unha especie de suplemento para dar conta dos acordos da Federación; este saíu por primeira vez o 1 de febreiro de 1921. No ano 1922 iniciouse unha segunda etapa do boletín que, a partir dese momento, sería chamado Boletín de la Federación Católico-Agraria de Tuy.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu en Tui no ano 1922. Este boletín representaba a opinión da extrema dereita agrarista, moi influenciada polo Ordoñismo e polo bispado, nuns anos críticos para o campesiñado da comarca.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu á luz en febreiro de 1859. Manuel Martínez de la Cruz imprimía este boletín tres veces ao mes. Tiña como propósito a divulgación das disposicións do prelado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Saíu publicado en Tui en 1859. Posuíu unha frecuencia moi irregular e variada. Dende 1970 en diante fíxose unha edición bilingüe da Secredaría Xeral do Concilio Pastoral de Galicia. Non ten seccións, aínda que co tempo foron aparecendo uns apartados definidos, nin conta con colaboracións fixas. Nas últimas follas leva publicidade de actividades e artigos relacionados coa Igrexa. A partir de 1990 do s XX introduciu un sumario con seccións tituladas “Del santo padre”, “Sínodo de los obispos”, “De los obispos de Galicia”, “Cancillería-Secretaría”, “De la comunidad autónoma de Galicia” e “Anuncios”. É de interese un artigo do número 3bis, marzo de 1977, titulado “A liturxia en galego” e no que se tenta promocionar a lingua galega, animando a todos os cristiáns a que así o fagan, reclamando unha misa neste idioma en días festivos. O Concilio creou, mesmo, unha Comisión de Liturxia en galego para este labor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga provincia de Vietnam que en 1991 se dividiu en Ha Giang e Tuyen Quang.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de carácter relixioso editada en Tui a partir do 1 de novembro de 1870, que cesou a súa edición o 20 de xuño de 1871. Dirixida por Xoán Á. Mera, na súa redacción participaron Teodosio Vesteiro Torres e T. Sánchez Patiño. Saía cada dez días e incluíu información relixiosa e literaria. Puido tamén titularse Juventud Católica del Miño.
-
PERSOEIRO
Colonizador holandés. Funcionario calvinista da Compañía Holandesa das Indias Occidentais (1632), foi enviado (1647) a Nova Amsterdam para reorganizar a administración. Enfrontouse aos colonos e favoreceu os intereses da Compañía, pero en 1653 estableceu un goberno municipal autónomo. Atacado polo almirante inglés Richard Nicolls (1664), tivo que renderse.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido por Enrique IV en 1473 a Pedro Álvarez de Soutomaior, coñecido como Pedro Madruga . Á súa morte non foi solicitado por ningún dos seus sucesores. Rehabilitouse en 1921 polo seu descendente Diego del Alcázar y Guzmán (1849-?), II vizconde de Tuy, conde de Villamediana e marqués de Peñafuente. Sucedeuno como III vizconde de Tuy o seu neto Pedro del Alcázar y Caro (1928-1997), que en 1980 cedeu o título ao seu fillo Juan Pedro del Alcázar y Gomez-Acebo (1956), IV vizconde de Tuy e conde de Santo Buono con Grandeza de España.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Vietnam (5.868 km2; 719.700 h [estim 2004]). A súa capital é Tuyen Quang.