Juventud Católica de Tuy, La
Juventud Católica de Tuy, La
[PUBLIC]
Revista de carácter relixioso editada en Tui a partir do 1 de novembro de 1870, que cesou a súa edición o 20 de xuño de 1871. Dirixida por Xoán Á. Mera, na súa redacción participaron Teodosio Vesteiro Torres e T. Sánchez Patiño. Saía cada dez días e incluíu información relixiosa e literaria. Puido tamén titularse Juventud Católica del Miño.