"Uji" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 31.

  • Xornal mensual bilingüe aparecido o 15 de maio de 1986 na Coruña e dirixido por Guillermo Torres Jack. Ademais das informacións locais, o humor e a crítica, contiña debuxos de Xaime Cabana, Xavier Correa e Afonso Abelenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de cómic aparecida en Ourense en 1986 de carácter marxinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Shizuoka, na illa de Honshū, Xapón, situada ao fondo da baía de Suruga, ao SO de Toquio (231.527 h [1997]). Ten industrias mecánicas, de transformación da madeira, de papel e farmacéuticas. Do seu patrimonio cultural destacan o templo Sogadera e o santuario de Sogahachimangu no monte Fuji.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Banco constituído en 1880 co nome de Yasuda Bank. Cambiou a súa denominación pola actual en 1948. Ten a súa sede social en Toquio. Ao fusionarse co Industrial Bank de Xapón e o Dai-Ichi Kangyo Bank, en 1999, crearon o holding bancario máis grande do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olcán apagado da illa de Honshū, Xapón, no ken de Shizuoka. Situado no O de Yokohama, é a máxima altitude do Xapón (3.776 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sheng do SL da China, na rexión do Leste, que limita ao N con Zhejiana, ao O con Jiangxi, ao S con Guangdong e ao L co estreito de Taiwán (120.000 km2; 32.990.000 h [estim 1999]). A súa capital é Fuzhou. O territorio é montañoso, con escasas chairas na costa e nos vales. A cordilleira de Wuyi Shan forma o límite con Jianaxi, e a de Yentang sepáraa de Zhejiang. O clima é subtropical no L e temperado, e incluso frío no inverno, no O. A poboación concéntrase, en densidades moi altas, na franxa costeira. Ademais de Fuzhou e Xiamen, outras cidades importantes son Jian’ou, centro da área produtora de té, e Zhangzhou. Nos vales obtéñense dúas colleitas anuais de arroz. Son importantes os seus recursos forestais de piñeiros e abetos. Os recursos mineiros, aínda non ben explotados, tamén son variados. O desenvolvemento económico viuse favorecido a partir de 1955 coa instalación das liñas ferroviarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Shizuoka, na illa de Honshū, Xapón, situada preto da costa do Pacífico, no delta do río Oi (120.982 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Estudiou enxeñería agrónoma na Universidad Nacional Agraria de Lima, da que posteriormente foi reitor (1984-1989). En 1990 liderou o movemento político Cambio 90, co que venceu nas eleccións presidenciais. Durante o seu mandato impuxo un plan de axuste económico neoliberal e, coa axuda do exército, disolveu o Parlamento en 1992 e suspendeu as garantías constitucionais, xustificando as medidas por mor da loita fronte ao terrorismo de Sendero Luminoso. En 1993 foi aprobada en referendo a nova Constitución, que lle outorgaba maior capacidade de decisión e que lle permitía presentarse novamente ás eleccións presidencias, celebradas en 1995, que gañou novamente. Nos seus sucesivos gobernos foi reforzándose a súa tendencia ao autoritarismo e á represión fronte ás distintas formas de oposición. A decisión de presentarse por terceira vez consecutiva á presidencia, nas eleccións de abril do 2000, ocasionou unha forte controversia que acadou resonancia internacional, aínda maior tralas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Shizuoka, na illa de Honshū, Xapón, situada ao pé do Fuji-San, na vertente occidental (117.624 h [1991]). Ten actividade industrial. Do seu patrimonio cultural destaca o santuario sintoísta de Sengen (s IX).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Kanagawa, na illa de Honshū, Xapón, situada na baía de Sagami (372.840 h [1997]). Cidade satélite de Toquio, forma parte da súa área metropolitana. Fundada en 1325 polos membros da seita Jishū, foi unha importante estación balnearia. Do seu patrimonio cultural destaca o templo budista Shojokoji (s XIV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Establecido en París en 1913, converteuse ao catolicismo e cambiou o seu nome, Tsuguharu, polo de Léonard en memoria de Leonardo da Vinci en 1959. Desenvolveu unha obra expresionista na que combinou elementos da arte europea e xaponesa. Decorou o pavillón xaponés da cidade universitaria e o Círculo Interliterario de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Multinacional xaponesa do sector das telecomunicacións con sede central en Toquio. En 1986 constituíse Fujitsu España SA, cunha importante participación de Telefónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe nobre xaponesa que dominou a corte imperial entre os ss IX a XII. Tivo a súa orixe en Nakatomi-no Kamatari Fujiwara (s VII) e a súa influencia baseouse nos casamentos dos emperadores con membros da familia. Foron grandes mecenas das artes e das letras, entre os que destacou o poeta Fujiwara Teika.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político colombiano. Membro do Partido Liberal, foi ministro de Finanzas (1986) e de Interior (1987), antes de converterse en presidente da República en 1990-1994. Tras abandonar a presidencia foi elixido secretario xeral da Organización de Estados Americanos (OEA).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Las Palmas 1927 - Madrid 10.9.1999) Tenor. Estudiou en Barcelona, València e Milán, neste último lugar da man da soprano Mercedes Llopart. Debutou no Cairo con Rigoletto (1956) e posteriormente completou unha carreira musical nos mellores escenarios do mundo. Especializouse no repertorio romántico francés (Bizet, Massenet, Gounod, Offenbach), pero tamén destacaron as súas interpretacións de Donizetti e algúns papeis de Verdi. Realizou numerosas gravacións discográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Hunan, China, situada ao N de Shaoyang (137.994 h [1990]). Posúe minas de ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da rexión de Kasai Oriental, situada na República Democrática do Congo (806.475 h [estim 1994]). É o primeiro centro mundial de extracción de diamantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Novelista dos anos escuros de Arxentina, parte da súa obra está marcada polas influencias de Eça de Queirós, Virginia Woolf e Marcel Proust. Iniciou o seu labor literario con libros sobre aspectos históricos, como Glosas castellanas (1936). Ademais das súas traducións de P. Marivaux, Molière, Racine e Shakespeare, publicou Aquí vivieron (1949), Misteriosa Buenos Aires (1951), Los viajeros (1955), Invitados en el Paraíso (1957), Bomarzo (1962), unha das máis recoñecidas en Europa; El unicornio (1965), El laberinto (1974), El gran teatro (1979) e El escarabajo (1982). Recibiu o Premio Nacional de Literatura (1963) e a Legion d’Honneur (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO