Fujimori, Alberto
Político. Estudiou enxeñería agrónoma na Universidad Nacional Agraria de Lima, da que posteriormente foi reitor (1984-1989). En 1990 liderou o movemento político Cambio 90, co que venceu nas eleccións presidenciais. Durante o seu mandato impuxo un plan de axuste económico neoliberal e, coa axuda do exército, disolveu o Parlamento en 1992 e suspendeu as garantías constitucionais, xustificando as medidas por mor da loita fronte ao terrorismo de Sendero Luminoso. En 1993 foi aprobada en referendo a nova Constitución, que lle outorgaba maior capacidade de decisión e que lle permitía presentarse novamente ás eleccións presidencias, celebradas en 1995, que gañou novamente. Nos seus sucesivos gobernos foi reforzándose a súa tendencia ao autoritarismo e á represión fronte ás distintas formas de oposición. A decisión de presentarse por terceira vez consecutiva á presidencia, nas eleccións de abril do 2000, ocasionou unha forte controversia que acadou resonancia internacional, aínda maior tralas acusacións de fraude que seguiron a súa vitoria. Un ano despois dimitiu e marchou a Xapón.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lima