"Ulysses" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PERSOEIRO
Militar e político, estadounidense. Coronel dos voluntarios de Illinois ao comezo da Guerra de Secesión, conseguiu a vitoria das tropas do N en Vicksburg (1863). En 1864 foi nomeado comandante en xefe do exército da Unión e aceptou a rendición do xeneral sudista Robert E. Lee (1865). Presidente dos EE UU durante dous mandatos (1868-1877), a súa política limitouse á represión dos sudistas e ao proteccionismo económico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sonda cósmica lanzada de xeito conxunto pola ESA e a NASA en 1990, co obxectivo de estudar os polos solares. Foi enviada cara a Xúpiter para aproveitar o seu campo gravitatorio e así poder saír, por primeira vez, do plano da eclíptica. En 1994 pasou polo sur do Sol e en 1995 cruzou a eclíptica e chegou ao Polo Norte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela de James Joyce, editada en París en 1922. Comezou a publicarse nunha revista estadounidense, aínda que foi interrompida polo escándalo que provocou. Concibida como un percorrido a través de Dublín, paralelo á viaxe de Ulises na Odisea, presenta continuos cambios de estilo e, sobre todo, unha linguaxe hermética e simbólica, expresada a través do uso permanente do monólogo interior, e considerouse a obra máis significativa da narrativa europea do s XX. R. Otero Pedrayo publicou, traducidos ao galego, “Fragmentos de Ulises” en Nós (1926), a primeira tradución desta obra na Península.