Ulysses

Ulysses
[COSMON]

Sonda cósmica lanzada de xeito conxunto pola ESA e a NASA en 1990, co obxectivo de estudar os polos solares. Foi enviada cara a Xúpiter para aproveitar o seu campo gravitatorio e así poder saír, por primeira vez, do plano da eclíptica. En 1994 pasou polo sur do Sol e en 1995 cruzou a eclíptica e chegou ao Polo Norte.