"Vanda" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

    1. Arbusto de ata 70 cm de altura, aromático, con follas lineares de beira enroscada, de cor verde abrancazada, e con flores en espiga de ata 3 cm de lonxitude rematadas en brácteas púrpuras de ata 5 cm. En Galicia están presentes dúas subespecies (L. stoechas stoechas e L. stoechas sampaiana) en medios secos e abertos. Ten propiedades medicinais e as súas flores secas empréganse como ambientador e repelente das trazas nos roupeiros, e na elaboración da auga de lavanda.

    2. auga de lavanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que procede do xermánico vand ‘espírito, alento’. Ben puido ser un nome inventado, derivado do nome dos vándalos, polo frade polaco V. Klablubek (s XIII) para unha heroína da súa lendaria historia das orixes dos polacos, segundo a que sería filla de Krek ou Krakus, o fundador de Cracovia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Traballou con Diego de Siloé na igrexa do Salvador (1536), en Úbeda, onde tamén traballou na igrexa do Hospital de Santiago e nos palacios Vázquez de Molina e Vela Cobos. En 1554 foi nomeado mestre de obras da catedral de Jaén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao vandalismo.

    2. Relativo ou pertencente aos vándalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia a destruír por gusto perverso, ignorancia ou ostentación de forza, as obras da civilización ou aquilo que pertence ao dominio artístico, científico ou sagrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente aos vándalos.

      2. Individuo do pobo vándalo.

      3. Pobo xermánico que, ao inicio da era cristiá, estaba instalado á beira esquerda do curso medio do Vístula. Dividido en silingos e asdingos, establecéronse en Moravia no s II, e despois en Panonia setentrional. En 401 avanzaron cara ao Rin e espalláronse pola Galia. En 409 conseguiron atravesar os Pireneos centrais e occidentais e ocuparon diversas zonas da Península Ibérica. Os vándalos silingos establecéronse en Andalucía, onde foron derrotados polo visigodo Valia en 416-418. Os vándalos asdingos comezaron ocupando a metade setentrional de Portugal e en 425 tomaron Sevilla e despois Cartagena. En 429 establecéronse no N de África, desde onde se apoderaron das Balears, Córsega, Sardeña e Sicilia. En 455 saquearon Roma. Belisario, xeneral do Emperador Xustiniano, destruíu o seu reino e incorporou os territorios ao Imperio de Oriente en 534.

      4. Lingua xermánica do phylum indoeropeo que falaba o pobo vándalo.

    1. Que ou quen realiza actos vandálicos.

    VER O DETALLE DO TERMO