Vanda

Vanda
[ONOM]

Antropónimo feminino que procede do xermánico vand ‘espírito, alento’. Ben puido ser un nome inventado, derivado do nome dos vándalos, polo frade polaco V. Klablubek (s XIII) para unha heroína da súa lendaria historia das orixes dos polacos, segundo a que sería filla de Krek ou Krakus, o fundador de Cracovia.