"Varsovia" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • CAPITAIS

    Capital de Polonia e do voivodato de Mazowieckie (1.610.471 h [2000]). É un nó de comunicacións entre Europa Central e Oriental. Xurdiu na beira esquerda do Vístula, onde se atopa a cidade vella, e a partir do s XVIII expandiuse á outra banda do río. As ramas industriais máis importantes son a da construción mecánica e a da industria metalúrxica. É o principal centro científico, cultural e artístico do país e nela sitúase a Academia de Ciencias de Polonia. É sé arcebispal e primacial de toda a igrexa polaca. Foi capital do ducado de Masovia (1344) e do Reino de Polonia (1596), e en 1655-1656 foi escenario das loitas entre suecos e polacos. No s XVIII tivo un forte crecemento urbano e demográfico e unha intensa actividade artística, literaria e científica. Despois da segunda repartición de Polonia (1793) foi ocupada polos rusos e na terceira (1795) atribuíuse a Prusia. Foi capital do gran ducado de Varsovia (1807-1814) e, desde 1815, da Polonia rusa. Foi escenario das insurreccións nacionais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola lóxica, con sede en Varsovia e Lwow, desenvolvida sobre todo entre a Primeira e a Segunda Guerra Mundial. Caracterizouse polo estudo da lóxica moderna marcado por unha tendencia dedutivista extrema e unha inclinación ao positivismo lóxico ou ao empirismo científico. O inciador foi Kazimierz Teardowski (1866-1938) e destacaron, entre outros, Jan èukasiewicz (1878-1956) e Alfred Tarsk (1901-1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado independente formado polos territorios polacos subtraídos á administración prusiana no Tratado de Tilsit (1807). Napoleón confioulle o seu goberno a Federico Augusto I de Saxonia e o mando do exército ao príncipe J. Poniatowski. Promulgouse unha constitución inspirada na francesa e suprimiuse a servidume do campesiñado, aínda que non se lles recoñeceron dereitos sobre as terras que traballaban. O Congreso de Viena (1814-1815) dividiu o territorio entre Prusia e Rusia, agás Cracovia, erixida república independente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alianza militar suscrita en Varsovia o 14 de maio de 1955 pola URSS, Albania, Bulgaria, Hungría, Polonia, a República Democrática Alemá, Checoslovaquia e Romanía. O seu nome oficial era Tratado de Amizade, Colaboración e Asistencia Mutua. Supeditado aos intereses da URSS, foi a resposta do bloque comunista á creación da OTAN e tiña como obxectivo principal a defensa mutua en caso de ser atacado. Contaba co Comité Político Consultivo, formado polos ministros de Exteriores dos países membros, e co Mando Supremo Militar, encabezado por un mariscal soviético. Albania separouse en 1968 a raíz da invasión de Checoslovaquia. A disolución do réxime comunista levou á súa disolución formal o 1 de xullo de 1991 en Praga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Varsovia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Varsovia.

    VER O DETALLE DO TERMO