"Vaud" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PERSOEIRO
Pedagogo suízo. Realizou estudios universitarios en Friburgo, Louvain e París. Intentou aplicar os métodos da escola activa ao cristianismo e criticou a pedagoxía soviética. Defende que o mestre, fronte ao alumno, debe ser quen tome a iniciativa e a dirección da ensinanza. Entre as súas obras, destacan Pour une école selon l’ordre chrétien (1934), Le Système Decroly et la pédagogie chrétienne (1936), Les expériences pédagogiques en Allemagne (1936) e La pédagogie scolaire en Russie soviétique.
VER O DETALLE DO TERMO -
CANTÓNS
Cantón do SO de Suíza (3.212 km2; 639.200 h [2000]). A súa capital é Lausanne. Abrangue o extremo meridional do altiplano do país, ou Mittelland, desde a beira norte do lago Léman ata a beira do lago de Neuchâtel; inclúe tamén, no O, a vertente suroriental do Jura, e ao L os Prealpes e o alto val do Saar. A poboación, de lingua francesa e de confesión predominantemente protestante, concéntrase na beira do lago de Xenebra, onde están Lausanne e os núcleos de Montreux, Vevey e Nyon, principais centros urbanos e industriais. A zona do centro é unha rica área de policultivo, con árbores froiteiras e hortalizas, e viña na beira do lago Lemans. Foi centro hexemónico da Helvecia romana e durante o s XII foi integrado no imperio xermánico. Foi dominio do condado de Savoia (ss XIII-XIV) e en 1526 introduciuse a Reforma. En 1536 converteuse en país vasalo de Berna, ata a invasión francesa (1789). A Acta de Mediación de Napoleón (1803) integrouno como cantón soberano na Confederación...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Peza teatral de carácter lixeiro, cuxo argumento se nutre de situacións equívocas que provocan a hilaridade do público. No s XV, en Francia, foi unha simple canción báquica, alegre e maliciosa. Desde o s XVIII foi introducida xa no teatro, e por causa do desenvolvemento da parte musical, deu orixe á ópera cómica.
-
Espectáculo de variedades orixinado en EE UU a finais do s XIX, en que se mesturan pezas curtas teatrais, humor, números de circo, música e danza.
-