"Vercelli" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PERSOEIRO
Bispo de Vercelli (340-368), no Piemonte. Contrario ao arianismo, foi desterrado polo Emperador Constancio, primeiro a Escitópolis (355) e despois a Capadocia. Trala morte do emperador regresou a Vercelli, onde se dedicou á instrución e formación de sacerdotes. A petición do Emperador Xuliano asistiu ao concilio convocado por Atanasio en Alexandría, que lles concedeu o perdón aos bispos arianos a condición de que volvesen ao estado de leigos. Honrado como mártir, foi o primeiro bispo de Occidente que introduciu a vida monacal para o clero. Escribiu unha serie de cartas apostólicas con eloxios da vida monacal. A súa festa celébrase o 2 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, en Piemonte, Italia (44.950 h [2001]). Situada na beira dereita do Sesia, é o centro dunha vasta chaira moi ben irrigada onde se cultiva arroz. Antigo Oppidum Vercellae (s II a C), despois da caída do Imperio Romano foi ducado longobardo. Pasou aos Savoia en 1427 e foi ocupada pola Coroa de Castela (1638-1659) e por Francia (1704). En 1814 volveu ao dominio dos Savoia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Piemonte, Italia (2.088 km2; 176.641 h [2001]). A capital é Vercelli.