"Verona" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto e humanista. Coñecido como Fra Giocondo, traballou en Nápoles, Verona, onde realizou a restauración da ponte da Pietra, e en París na escaleira exterior do Palais de la Cité. Foi nomeado arquitecto de San Pedro do Vaticano con Raffaello Sanzio e Giuliano da Sangallo. Publicou a primeira edición de Vitrubio e traduciu as Cartas de Plinio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e miniaturista italiano. Realizou as miniaturas do convento de Monteoliveto Maggiore (1467-1469) e da catedral de Siena (1470-1474), así como a decoración da capela Bonaversi en Sant’Anastasia, Verona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, en Véneto, Italia (243.474 h [2001]). Está situada á beira de Adige, ao pé de Lessini. A cidade, que conserva o aspecto medieval, desenvolveuse como un centro de comercialización e de transformación dos produtos agrícolas. Poboación de orixe celta, foi colonia romana (89 a C). Capital do reino ostrogodo de Teodorico II, estivo ocupada polos lombardos (568) e polos francos (774). Loitou contra Federico I Barbarrubia a través da Liga Veronesa aínda que, con todo, predominaron os xibelinos. Señoreada polos Della Scala (1260-1387) e polos Visconti de Milán (1387-1404), pasou ao dominio de Venecia (ss XVI-XVIII). Cedida a Austria polo Tratado de Campoformio (1797), formou parte do Reino de Italia (1805) e retornou a Austria en 1814. Integrouse definitivamente no Reino de Italia en 1866. Do seu patrimonio cultural destacan o anfiteatro, o teatro e parte das murallas romanas, a igrexa románica de San Zeno, a catedral, a ponte Scaligero, os palacios de Canosa,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Véneto, Italia (3.121 km2; 814.295 h [2001]. A capital é Verona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Último congreso das potencias da Santa Alianza, celebrado en Verona entre outubro e decembro de 1822. Nel tratouse a retirada das tropas austríacas do Piemonte e a súa redución a Nápoles, a retirada das tropas turcas de Moldavia e Valaquia, e decidiuse a intervención francesa (Cen Mil Fillos de San Luís) en España co obxecto de restaurar a Fernando VII no poder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marca creada nos arredores da cidade de Verona durante o dominio dos franceses, confiada por Odón I aos duques de Baviera. Co fraccionamento feudal formou unha unidade político-administrativa, e como tal formou parte da Liga Veronesa (1164).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso político que tivo lugar en Verona en xaneiro de 1944, instruído polo goberno da República Social italiana contra os dezanove membros do Gran Consello que, guiados por Dino Grandi, consideráronse responsables da caída do réxime fascista de Mussolini en Roma. Algúns deles foron condenados a morte e axustizados. T. Cianetti retractouse e salvouse, mentres que outros 13, entre os que se atopaba D. Grandi, foron condenados por rebeldía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (África proconsular? - Verona 380?) Bispo de Verona (356?-380?). Escritor e predicador, distinguiuse polas numerosas homilías sobre o bautismo e a liturxia pascual. Represéntase vestido de bispo e leva como atributo persoal un peixe, xa que parece que pescaba a súa comida no río, e, ás veces, un demo ou un poseso. A súa festividade celébrase o 12 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO