"Vesta" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Conxunto de libros sagrados do Zoroastrismo que constitúen as escrituras e o ritual dos parsis. A obra orixinal debeu ser destruída en tempos de Alexandre o Grande. Coa base dos fragmentos salvados e doutros reconstruídos de memoria, os sacerdotes do ss III e IV recompuxeron un canon de 21 libros, conservados en parte. O Avesta actualmente coñecido divídese en cinco partes: Yasna (sacrificios), libro litúrxico, cunha parte importante que está constituída polos Gáthá (sermóns en verso), probablemente obra de Zaratustra; Visprat, invocacións litúrxicas, recitadas nas festas; Yasht, cantos de loanza na honra da divindade; Vendidad, serie de prescricións para manter a pureza ritual; e Khorda Avesta, breve extracto do Avesta, empregado amodo de libro de pregarias polos fieis. O libro estaba escrito en avéstico (antigo iraniano), lingua que deixou de ser viva desde o s IV a C. Os textos comezaron a ser traducidos e comentados en pahlavi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asteroide número 4 do catálogo xeral, que ten un diámetro de 650 km e o semicírculo maior da súa órbita de 2,361 UA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade dos romanos que presidía o culto do lume doméstico e do lume público. O seu culto estaba sometido ao pontifex maximus. Venerada publicamente no templo circular aedes Vestae, encargábanse do seu ritual as virxes sacerdotisas chamadas vestais. Alí foron consagradas as Vestalia, que se celebraban anualmente do 7 ao 15 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Vesta.

    2. Cada unha das sacerdotisas virxes, na relixión romana antiga, que eran consagradas a Vesta e que coidaban do lume sagrado. Formaron un colexio, estreitamente vinculado co pontifex maximus. En número de seis (ou sete, despois do s IV d C), posuían o cargo sacerdotal mentres vivían. Se perdían a virxindade eran sepultadas vivas. En 114 tivo lugar en Roma un proceso contra a súa institución.

    3. Muller moi casta.

    VER O DETALLE DO TERMO