vestal

vestal

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Vesta.

  2. s f [HIST/MIT]

    Cada unha das sacerdotisas virxes, na relixión romana antiga, que eran consagradas a Vesta e que coidaban do lume sagrado. Formaron un colexio, estreitamente vinculado co pontifex maximus. En número de seis (ou sete, despois do s IV d C), posuían o cargo sacerdotal mentres vivían. Se perdían a virxindade eran sepultadas vivas. En 114 tivo lugar en Roma un proceso contra a súa institución.

  3. s f

    Muller moi casta.

Palabras veciñas

Vest-Agder | Vesta | Vesta | vestal | Vesteiro | Vesteiro Torres, Teodosio | Vesterålen