"Vieites" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PERSOEIRO

    Sacerdote da diócese de Tui, gobernador, Provisor, vigairo xeral e xuíz examinador sinodal do Bispado de Mondoñedo. Publicou no 1842 Respuesta a la carta que, bajo el nombre de “Un venerable eclesiástico de San Justo” se publicó en 1842, en el “Boletín Oficial” de la provincia de Pontevedra núm 67. Á súa morte, parte da súa biblioteca doouse á Biblioteca Provincial de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tipógrafo e periodista compostelán, de ideario republicano. Nos anos de 1880 foi redactor da Gaceta de Galicia e El País Gallego, principais periódicos liberais da localidade, ata que tivo imprenta propia por algún tempo. En 1891, á calor dos actos do 1º de Maio, participou na fundación dun precursor Centro Obrero e, un ano despois, vai dirixir La Voz del Pueblo, decano da prensa obreirista de Santiago. Próximo daquela ao socialismo, Alonso foi un dos precursores do societarismo proletario compostelán e, como tal, sufriu cadea e proceso logo da violenta folga xeral que viviu a cidade en 1898. Agora como simpatizante do republicanismo radical de Lerroux, reapareceu co novo século en Moaña onde tivo unha importante presenza nas axitacións agrarias e mariñeiras do Morrazo, de xeito que, en 1917, a conxunción republicano-socialista-agraria de Pontevedra promoveuno como candidato á Deputación. Máis adiante, disconforme coa radicalidade das loitas sociais na alborada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1971), obtivo (1977) a praza de profesor agregado de Paleografía e Diplomática na Universidad de Oviedo e a cátedra (1979) na facultade de Filosofía e Letras da Universidad de Granada. Entre as súas obras destacan La colección diplomática del monasterio de Santa María de Penamayor (1971), Colección diplomática del monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón (1994) e El monasterio de San Juan de Caaveiro (1999). Foi membro da Sociedad Española de Estudios Monásticos e da sección de historia do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica de Bieites, que ademais é, á súa vez, unha variante do apelido Biéitez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director teatral. Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, dirixe o Escola Superior de Arte Dramática de Vigo (2005). Impulsor do Taller de Teatro da Universidade Popular de Corcubión e da Aula de Teatro da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Pontevedra, participou na creación dos grupos de teatro infantil Katakrok e Kalandraka, para os que dirixiu diversos espectáculos entre 1988 e 1992, e Teatro de Ningures, para o que dirixiu dúas obras en 1985 e 1986. Teatrólogo e profesor de pedagoxía teatral, expresión dramática e expresión teatral, colaborou en diversas publicacións periódicas con artigos de crítica teatral. Membro do consello de redacción da Revista Galega de Teatro e da revista ADE-Teatro, foi director de Ensaio, revista de teatro de Galicia e do Norte de Portugal e do Anuario Galego de Estudios Teatrais. Membro fundador da Asociación Nacional de Investigadores de Literatura...

    VER O DETALLE DO TERMO