"Xabier" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
PERSOEIRO
Político vasco. Licenciado en Dereito e doutor en Letras, ampliou os seus estudios en Alemaña e posteriormente foi profesor de Dereito Político nas Universidades de Madrid, Bilbao e Deusto. En 1968 ingresou no Partido Nacionalista Vasco (PNV), polo cal foi deputado a Cortes (1977-1979). En 1980 foi elixido Presidente do partido, pero demitiu en 1984. No ano 1986 foi reelixido, así como en anos posteriores.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico pediatra e político, irmán de Carlos Casares Mouriño. Parlamentario na V lexislatura (1997) no grupo socialista do Parlamento galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Membro do colectivo poético Ronseltz, colabora en diversas revistas, como Luzes de Galiza, O Mono da Tinta ou Animal +. Interveu no libro colectivo Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (1994) e publicou os poemarios Arianrod (1993), Fruto do teixo (Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, 1994) e Afasia (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, gravador e escultor. Discípulo de Mariano García Patiño, as súas primeiras composicións figurativas incluían temas dionisíacos e eróticos. Bolseiro nun curso de cerámica do Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos (1975), a partir do 1978 pertenceu ao grupo A Carón e, posteriormente, foi un dos fundadores do colectivo de comunicación obxectual A Galga, co que realizou algunhas exposicións. Como integrante do movemento Atlántica, participou en todas as súas mostras (1980-1983) e neste período realizou unha obra espacialista baixo a influencia do expresionismo abstracto e da arte pobre. Cunha bolsa do ministerio de Cultura (1979) viaxou a México, onde comezou a traballar coa técnica da augaforte e incorporou a temática precolombina nunha liña expresionista. Entre 1984 e 1986 formou o Gruporzán, co que editou a súa obra gráfica. Durante os anos noventa a súa obra evolucionou dende a figuración á paisaxe. A partir de 1998 elaborou mariñas afastadas do naturalismo, entre as que...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, cantante e actor. Formou parte do grupo musical Ez Dok amairu (1966-1972), de grande impacto cultural, político e social, e realizou estudios, recitais e gravacións. Como escritor, destaca a súa poesía Egunetik egunera orduen gurpillean (Día a día na roda das horas, 1968), Urrats desbideratuak (premio cidade de Irún, 1980) e Biziaren ikurrak (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e escritor. Das súas obras destacan Biff, Bang Pow! (1997), Doutoru Deus (1999), O caderno (Premio Vicente Risco de Literatura Fantástica, 2001), A estraña estrela (2002) e A vida que nos mata (Premio García Barros, 2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ilustrado, conde de Peñaflorida. Dirixiu a Sociedad Económica Bascongada de Amigos del País, centro de pensamento ilustrado. Publicou Los aldeanos críticos (1758) e Ensayo de la Sociedad bascongada de amigos del país (1766).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e mestre. Autor especializado en literatura infantil e xuvenil, traballou como guionista para RNE e presidiu a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX). Publicou O misterio das badaladas (1986), en que introduce o elemento da intriga; Cun ollo aberto e outro sen cerrar (1986), unha serie de relatos; A chave das noces (1988), unha novela xuvenil en que trata o xénero negro; O armario novo de Rubén (1989), en que inclúe elementos humorísticos nun relato áxil; Roxelio e a couza (1991), en que inclúe dous relatos sobre animais dirixidos ao público infantil; O país durminte (1993), unha narración en que se mestura a fantasía e a épica; e Cando petan na porta pola noite (1994, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil); e as novelas O pazo baleiro (1997), O home que inventou unha maneira de andar (1998)...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xavier.