"Xenxo" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • GALICIA

    Concello da comarca do Salnés situado no centro-O da provincia de Pontevedra e no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 42° 43’ de latitude N e 8° 48’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Meaño (O Salnés), ao O co do Grove (O Salnés), ao L co de Poio (comarca de Pontevedra) e ao S co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 45,1 km 2 cunha poboación de 17.077 h (2007), distribuída entre as parroquias de Adina, Arra, Bordóns, Dorrón, Gondar, Nantes, Noalla, Padriñán e Vilalonga. A capital está no lugar de Sanxenxo, na parroquia de Padriñán, a 17 km da capital provincial e a 69 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Cambados.
    Xeografía física
    O seu relevo caracterízase especialmente pola liña de costa areosa, chea de boas praias, que lle conceden unha localización privilexiada para converterse na capital turística das Rías Baixas. Diferéncianse dous sectores,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno porto pesqueiro e un dos máis equipados portos deportivos situado ao N da ría de Pontevedra, no concello de Sanxenxo. O porto deportivo posúe 370 atraques en peiraos flotantes. Trátase dun importante enclave turístico, sobre todo nos meses estivais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do latín Genesius, nome de época cristiá, tomado do nome grego Genesios. Orixinariamente era un adxectivo que significaba ‘natalicio’ pero que só se aplicaba ás divindades que protexían unha estirpe nas súas sucesivas xeracións. Hai autores que o relacionan co latín genista ‘xesta’. Presenta as variantes Xes e Xens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Arles? s III) Notario. Foi martirizado por se negar a transcribir un edicto de persecución dos cristiáns en 303. Foi decapitado e, segundo a lenda, colleu a cabeza coas mans e tirouna ao Ródano, que chegou ao mar e a Cartagena. Iconograficamente representouse cunha toga e coa cabeza na man. A súa festividade celébrase o 25 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor de teatro. Foi martirizado por confesarse publicamente cristián cando representaba diante de Diocleciano unha peza en que se ridiculizaba o cristianismo. Os estudos haxiográficos indican que é un desdobramento de san Xenxo de Arles. Iconograficamente representouse cunha máscara teatral, un violín e varios instrumentos de tortura. A súa festividade celébrase o 25 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO