"Xesé" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo empregado por Gerard Genette (Figures III, 1972) no ámbito da narratoloxía para denominar o relato no que o narrador conta unha historia da que foi protagonista central. A aparición da primeira persoa gramatical é unha consecuencia natural da coincidencia entre narrador e protagonista, que tamén proporciona unha determinada organización temporal, manifestada na presenza do monólogo interior ou de técnicas de achegamento dun pasado remoto ao presente da narración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sucesión dos acontecementos e accións que forman unha historia narrada ou representada. O termo foi introducido por Platón, no libro III da República (375 a C), para referirse ao relato que se transmite en palabras do propio autor, fronte á mímese ou imitación, que representa a acción a través dos diálogos dos personaxes. Na súa acepción actual, considérase sinónimo de historia, ou contido do relato, e diferénciase, por unha banda, do relato ou discurso, que designa o conxunto de palabras que compoñen o enunciado do narrador, e, pola outra, da narración, que é o acto produtor do relato. Distínguense tres niveis: o diexético, que é a historia principal; o nivel metadiexético, que se refire a unha narración subordinada ao nivel diexético, isto é, que se desenvolve dentro del, cando un personaxe conta á súa vez unha historia; e extradiexético, que se realiza fóra do ámbito da historia principal. En canto á posición do narrador fronte aos acontecementos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adición de palabras para clarificar o significado ou o sentido, xa completo, dunha cláusula ou dun elemento da cláusula.
-
-
Explicación ou interpretación dun texto.
-
Disciplina teolóxica que estudia a Biblia dun xeito crítico e científico, servíndose doutras disciplinas auxiliares (filoloxía, historia, arqueoloxía, crítica literaria). O interese pola investigación científica da Biblia xurdiu no contexto da Reforma protestante, no s XVI. No ámbito católico, a esexese estivo mediatizada pola súa submisión á dogmática e á apoloxética ata a celebración do Concilio Vaticano II, que favoreceu a introdución dun maior rigor científico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pai de David. Segundo a tradición recollida no Libro de Rut, era neto de Booz e Rut. Na Biblia e na arte, a árbore de Xesé representa a dinastía de David e do Mesías.
-
-
Relativo ou pertencente ao xeso.
-
Persoa que fabrica ou traballa o xeso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
xesaría.