"Xest" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 77.
-
-
Nome dado polos árabes á principal obra de Ptolomeo, a Gran Sintaxe Matemática (? 150 a C), que posteriormente se adoptou en Occidente. Nesta obra, fundamental da astronomía antiga, deféndese un concepto global do Universo, realízase unha síntese do coñecemento adquirido na época e establécense as condicións precisas para a observación práctica do Cosmos. A principal idea sostida por Ptolomeo defendía que a Terra e o Universo son esferas concéntricas, feito polo que a Terra non se move, senón que é a bóveda celeste a que dá unha volta diaria ao redor dun eixe celeste. Contén, ademais, un catálogo de 1.022 estrelas. Está presente a influencia de Hisparco.
-
Escolma de observacións astronómicas.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Silleda baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de suxestión na que o suxeito utiliza para si mesmo unha idea ou un sentimento creado e cultivado pola propia psique, independientemente de toda influencia extraña. Se é voluntaria, pódese empregar como método terapéutico (método Coué); patoloxicamente, atopámola en individuos hiperemotivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Suxestionarse a si mesmo, convencéndose, sen motivacións externas reais, de que se ten certo estado, calidade, enfermidade, personalidade, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de organización das actividades sociais (produtivas, comerciais, administrativas, etc) que se desenvolven mediante a cooperación e o compromiso na toma de decisións por aqueles que participan no proceso. As consecuencias deste sistema son: eliminación da distinción entre quen toma as decisións e quen as executa, e obtención da autonomía de decisións de toda a unidade produtiva. Como sistema económico fai referencia a un modelo determinado de organización do proceso de xestión no interior das empresas, que require os seguintes principios: superación da alienación obreira con respecto ao produto realizado; control directo sobre a plusvalía do produto; eliminación da propiedade capitalista e plena autonomía de xestión dos distintos colectivos de traballo. Como sistema social oponse ao modelo centralista e planificado das decisións, e modifica as relacións sociais e persoais debido á apropiación do poder de decisión contra calquera autoridade. Como sistema político difire do autogoberno...
-
-
Feito mediante a autoxestión.
-
Que actúa empregando a autoxestión.
-
-
-
-
Aumento da cantidade de sangue dun órgano ou dunha rexión orgánica. Denomínase activa cando se debe a un aumento do fluxo arterial e pasiva cando se debe a unha estase venosa.
-
conxestión pulmonar
Proceso agudo de tipo pneumónico no que, amais dun aumento da cantidade de sangue na rexión pulmonar, se produce unha inflamación alveolar.
-
-
Obstrución orixinada por unha afluencia excesiva de persoas ou cousas.
-
-
-
Producir unha conxestión a alguén ou a algunha cousa.
-
Sufrir unha conxestión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á conxestión.
-
-
Xestión que fan en común dúas ou máis persoas.
-
Sistema de xestión da empresa no que os representantes dos traballadores acceden aos órganos directivos da mesma, compartindo as funcións de dirección cos titulares do patrimonio da empresa. Confórmase como unha vía intermedia entre as teses transformadoras dos medios de produción, que propugnan a colectivización dos centros de produción, e as teses ortodoxas capitalistas. Deste modo, constitúe unha institución de carácter ambiguo que pretende establecer unha relación harmónica e solidaria entre capital e traballo, que poida reducir o conflito, permita tomar rapidamente decisións eficaces, faga aumentar a produtividade e consiga a realización dunha acertada planificación económica da empresa. Estes sistemas empregáronse en Italia na época de entreguerras e en Alemaña nas industrias do Ruhr a partir de 1951. No ámbito económico, a incidencia da coxestión foi practicamente nula, pois só conseguiu un mellor control da evolución salarial e do rendemento da empresa. No aspecto técnico achegou...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen xestiona xunto con outro algunha cousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desconxestionar ou desconxestionarse.
-
-
Aliviar a presión sanguínea anormalmente alta ou a mucosidade excesiva das vías respiratorias.
-
Eliminar a concentración elevada de persoas ou cousas dun lugar.
-
Desaparecer a presión sanguínea excesivamente alta ou a mucosidade excesiva das vías respiratorias.
-
Desaparecer persoas ou cousas que supoñen un obstáculo ou atranco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade dunha substancia ou materia para ser dixerida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
dixerible.
-
-
Proceso complexo, mecánico e enzimático, que ten como finalidade transformar os alimentos inxeridos en moléculas capaces de ser absorbidas pola mucosa intestinal para seren incorporadas á materia viva ou seren empregadas como fonte enerxética. Os enzimas que empregan os animais son: proteases, que degradan as proteínas ata aminoácidos; lipases, que degradan os lípidos ata ácidos grasos e alcohois; e carbohidrases, que hidrolizan os azucres de cadea longa a disacáridos ou monosacáridos. Nos animais celomados a dixestión abrangue tres sectores claramente definidos: bucal, gástrico e intestinal. Na dixestión bucal intervén a disgregación mecánica da mastigación conxuntamente coa secreción salivar, que contén os enzimas que inician a hidrólise dos alimentos. No estómago ten lugar a dixestión gástrica: o bolo alimenticio é sometido á acción dos enzimas catepsina e pepsina en presenza do ácido clorhídrico. A función primordial da dixestión gástrica é a preparación dos alimentos pola hidrólise...
-
Operación de farmacotecnia que consiste na extracción dos principios activos dunha droga mediante un solvente. Realízase por maceración, con axitación a unha temperatura de 35 a 45 °C.
-
Contacto prolongado de dúas substancias para producir unha transformación química. A dixestión emprégase na depuración de augas residuais, na fabricación de papel ou no tratamento e depuración da biomasa. Neste último caso, cómpre distinguir entre a aeróbica, que dá un produto de notable valor fertilizante (compost), e a anaeróbica, que produce unha mestura de gases combustibles ou biogás, e tamén un efluente máis rico en nitróxeno ca o compost.
-
Transformación e incorporación total ou parcial dunha rocha noutra cando esta está a temperatura elevada e se pon en contacto coa outra. É un dos efectos do metamorfismo de contacto.
-
-
-
Relativo ou pertencente á dixestión.
-
Aplícase ao que axuda a facer a dixestión.
-
Conxunto dos órganos que participan na dixestión. O aparato dixestivo é un tubo que normalmente ten dúas aberturas, unha para a entrada de alimentos e outra para a saída dos residuos non dixeridos. Durante a evolución, o tubo dixestivo sufriu unha diferenciación en rexións anatómicas e fisiolóxicas ben particularizadas. Deste xeito, nalgúns invertebrados e en todos os vertebrados, o aparato dixestivo consiste nun tubo con dous extremos, boca e ano, mentres que noutros invertebrados só presentan unha cavidade gastrular e un orificio único. Nos vertebrados, o aparato dixestivo ten unha estrutura constante na que se distinguen as seguintes rexións: boca, farinxe, esófago, estómago, intestino delgado e intestino groso, que remata no ano. A rexión con máis variabilidade morfolóxica é o estómago, que ten función dixestiva grazas á síntese de zumes gástricos. Nas aves, o estómago está dividido en proventrículos e moegas. Entre os mamíferos o estómago máis destacable como complicado é o dos ruminantes,...
-
Conxunto de órganos que dixiren e absorben os alimentos.
-
-
-
Recompilación de regras e decisións xurídicas.
-
ersión resumida dunha obra publicada previamente na que se eliminan as partes que carecen de interese ou que se consideran inapropiadas. A redución pode producirse tamén para aforrar espacio e facilitar a difusión dos seus contidos máis relevantes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compilación da xurisprudencia romana clásica, elaborada por Triboniano entre o 530 e o 533 seguindo as ordes do emperador bizantino Xustiniano. Foi promulgada no 533 -co nome de Digesta sive Pandecta iuris- pola Constitución Tanta, que dividiu os cincuenta libros en sete partes: Prota, Pars iudicis, Pars rebus, Umbiculus, De testamentis e outros dous títulos sen nomear; posteriormente, pasou a formar parte do Corpus Iuris Civilis. Segundo o proxecto de Xustiniano, tiña como obxectivo a restauración do antigo Imperio Romano e da súa tradición xurídica e, ao mesmo tempo, a imposición dun conxunto de leis uniformes e homoxéneas sobre o vasto territorio do Imperio. Consérvase en diversas copias, a máis perfecta delas é Pandectae florentinae, realizada entre finais do sVI ou comezos do sVII.