"Xob" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • Basidio diferenciado do fulcro e sen esterigma. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que investiga a posible existencia de vida extraterrestre. Presenta diversos aspectos principais. Primeiramente, investiga as condicións físicas e químicas que foron esenciais para o nacemento da vida sobre a Terra e aquelas que despois non presidiron a evolución e a complexificación ulteriores. Desta maneira, inténtase establecer cáles son as condicións ambientais mínimas para que a vida poida establecerse e desenvolverse. Estes coñecementos permiten determinar os posibles enclaves exteriores á Terra capaces de dar soporte á evolución da vida, para dirixir cara a eles ulteriores investigacións de tipo observacional (a fórmula de Drake, que determina o número de civilizacións tecnolóxicas e comunicativas plausiblemente presentes na Galaxia). Esta última é un segundo aspecto da exobioloxía, que tivo coas sondas planetarias un gran desenvolvemento. Un terceiro aspecto da exobioloxía, que ata o momento só tivo unha realización concreta, é experimental. Esta única experimentación realizouse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bacteria que presenta paredes flexibles e ten a propiedade de escorregar ou reptar cando entra en contacto con superficies sólidas. Forma agregados e corpos frutíferos cando hai carencias de nutrientes no medio. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás mixobacteriáceas.

    2. Bacteria da familia das mixobacteriáceas.

    3. Familia de bacterias, da orde das mixococais, que presentan células que forman colonias longas e delgadas con membrana mucilaxinosa. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  •    poucheno da ghalleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do hebreo Iyyobh, que pasou ao grego como Io’b e ao latín como Iob. Derivado de ‘ayah ‘perseguir, aflixir’, significa ‘o perseguido, o aflixido’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro da Biblia en que cun diálogo poético, se presenta o problema de conciliar a xustiza de Deus e o mal arbitrario do mundo. Xob, o prototipo do home pacente, sostén que o home xusto pode ser víctima do mal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe bíblico. Sobre un fondo de dualismo ben-mal, encarna a paciencia do xusto. Iavé permitiu que o demo o tentase e perdeu os bens, a familia e a saúde. Aturou as calamidades sen perder a súa confianza en Iavé, que ten piedade del e concédelle o cento por un. Na iconografía cristiá aparece como prefigurador da paixón de Cristo e da persecución da Igrexa e, en segundo lugar, como exemplo de virtude e de paciencia, representado nas escenas máis evocadoras da súa historia. A súa festividade celébrase o 10 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘ben’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes que corresponde á voz ‘diñeiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Pobra do caramiñal, a. baixo a advocación de Santa maría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parroquia do concello da Pobra do Caramiñal baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Morto en Xobre (A Pobra do Caramiñal). Trátase dunha ponte de cantaría do s XVI con vans oxivais e ancheada con trabes de formigón. Atópase no camiño da Pobra a Xobre.

    VER O DETALLE DO TERMO