"Xubia" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • RIOS

    Río da vertente atlántica. Nace na parroquia e concello das Somozas. O seu curso adopta unha dirección L-O coa que atravesa a parroquia de San Xurxo de Moeche (Moeche) para despois penetrar nos concellos de San Sadurniño (parroquias de Lamas, Ferreira e San Sadurniño) e Narón (Pedroso e Doso); neste último concello vira primeiro cara ao SO e posteriormente, nun treito que serve de límite aos concellos de Narón e Neda, cara ao NO, ata Xubia, onde desemboca na ría de Ferrol logo de percorrer 31 km e drenar unha conca de 182,3 km2. Na súa desembocadura achega un caudal medio de 30,2 l/s/km2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga denominación de diversas parroquias do concello de Narón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arcebispado da diocese de Mondoñedo-Ferrol que abrangue parroquias dos concellos de Narón, Neda, San Sadurniño e Valdoviño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Narón. baixo a advocación de Nosa señora dos desamparados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Narón. baixo a advocación de San xosé obreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Narón. baixo a advocación de San martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Narón. baixo a advocación de Santa icía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Narón. baixo a advocación de Santa rita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Narón. baixo a advocación de Santiago apóstolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Xubia entre as parroquias de Neda e Narón, nos concellos homónimos. Trátase dunha ponte de cantaría do s XIX con dous vans rebaixados. Atópase na estrada de Castela a Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado en Narón. Puido ser fundado no s VIII en tempos de Vermudo I e restaurado por Ramiro I no s IX. Estivo baixo a protección real entre 1090 e 1121, e converteuse nun priorado de Cluny. Pertenceu a sé episcopal de Mondoñedo, agás entre 1110 e 1122 que pertenceu á de Santiago. A época de maior esplendor foi a do s XII, cando recibiu privilexos e doazóns de Fernando II e do conde de Traba. A decadencia iniciouse a finais do s XII e comezos do s XIII. A igrexa é románica e ten planta basilical con tres naves e tres ábsidas semicirculares coas súas capelas. A nave ten cuberta de madeira e as ábsidas, bóveda de medio canón rematadas en cuarto de esfera. Nas ábsidas destacan as ventás semicirculares. A fachada principal está reconstruída.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema fluvial composto polos ríos Xubia e Castro cunha altitude media de 407 m que abrangue os concellos da Capela, Moeche, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e As Pontes de García Rodríguez. Destaca pola presenza de vexetación de ribeira, os bosques aluviais de amieiros e freixos, as uces ou os esfagnos. En canto á súa fauna, atópanse principalmente aves como o gabián, o ferreiriño rabilongo, o falcón pequeno ou o ouriolo, anfibios como a píntega rabilonga, réptiles como o lagarto das silvas e mamíferos como a londra común. Desde 2001 forma parte da Rede Natura 2000 como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Melide baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO