"Zama" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 20.
-
CIDADES
Cidade da oblast´ de Gor’kij, na Federación Rusa, situada nas ribeiras do río T´ossa (111.800 h [estim 1991]). De 1802 a 1862 acolleu a primeira escola provincial de pintura de Rusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que, segundo algúns investigadores, se remonta á época dos suevos. As súas armas levan, en campo de ouro, dúas caldeiras de sable; cortado de azul, con tres veneras de prata e medio partido de prata, cun león rampante, de goles. Este apelido pode aparecer tamén nos manuais de heráldica coa forma Azamor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Al Hamadānī.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está cuberto cunha zamarra.
-
PERSOEIRO
Escritor árabe de familia persa. Estivo vinculado á corte buwaihida. É autor de diversas epístolas moi detallistas e foi o creador do xénero maqāma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. A súa obra máis importante é a Historia General de España (1850-1859), en trinta volumes.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Bizkaia, Euskadi, situado ao NL de Bilbao, ao pé das montañas de Aretxabalagana (2.113 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Considerado como un dos principais animadores do mundo literario cubano, fundou as revistas Verbum, Espuela de Plata e Orígenes. Da súa produción destacan as obras poéticas Muerte de Narciso (1937), Enemigo rumor (1941), Aventuras sigilosas (1945), La fijeza (1949), Dador (1960) e Fragmentos a su imán (1977) e en prosa Analecta del reloj (1953), Paradiso (1966) e Cartas (1939-1976) (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos artiodáctilos, da familia dos cérvidos, de pequenas dimensións e cornos de tamaño reducido. Son de distribución americana.
-
CIDADES
Cidade do estado de Andhra Pradesh, India, situada no val de Hyderābād-Godāvari, ao NO de Hyderābād (240.924 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello de Nafarroa, regado polo río homónimo, situado ao N da cidade de Iruña (1.587 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do ken de Kanagawa, na illa de Honshū, Xapón, situada 20 km ao O de Yokohama (118.147 h [estim 1994]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Combate que tivo lugar preto da antiga cidade de Naraggara, en Numidia, en outubro de 202 a C. O exército romano, baixo as ordes de Escipión Africano, derrotou as tropas cartaxinesas de Aníbal, o que significou o fin da Segunda Guerra Púnica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Insurrección popular que tivo lugar en Bizkaia os meses de agosto e setembro de 1804. Co fin de conseguir do goberno a construción dun porto preto de Bilbao, dependendo do señorío de Bizkaia, segundo un proxecto de Simón Bernardo de Zamácola, o señorío ofrecía a implantación do servizo militar. Esta actitude provocou un motín, reprimido con dureza polas tropas enviadas por Godoy.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Danza hispanoamericana derivada da ‘zamba’ africana, de movementos moi rápidos e que xeralmente se acompaña con canto. Apareceu a principios do s XIX en Perú e Chile, e difundiuse posteriormente en Paraguay, Bolivia e Arxentina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
tamanco
-
AFLUENTES
Afluente do Miñor pola dereita que nace na parroquia de Zamáns (Vigo) e desemboca no concello de Gondomar.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ENCORO
Pantano creado coa construción dunha presa no leito do río Zamáns na parroquia homónima (Vigo). Ten unha capacidade de 1,90 hm3 e abastece a cidade e o Val Miñor.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de roupa de abrigo, de tecido groso con forma de chaqueta.