"Zelanda" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
ENTRADA LARGA
Estado de Oceanía, situado a uns 1.750 km ao SL de Australia (268.021 km2; 3.737.277 h [2001]). É un arquipélago formado por dúas illas principais, a illa do Norte e a illa do Sur, polas illas Stewart e Chatham e por diversos illotes. A capital é Wellington.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O corazón da illa do Norte está formado por un altiplano volcánico. Álzanse diversos volcáns e hai fenómenos de vulcanismo secundario. O val do Waikato, o río principal, é unha das rexións máis fértiles. A illa do Sur está percorrida pola cordilleira dos Alpes Neozelandeses, que acada a súa maior altitude no monte Cook de 3.764 m. O descenso brusco da montaña, no O, orixina costas abruptas e recortadas. O clima é marítimo con temperaturas moderadas que varían de N a S (as medias de xullo son de 11,4°C en Auckland e 6,1°C en Dunedin, e en xaneiro de 18,7°C en Auckland e 14,5°C en Dunedin), unha humidade elevada e precipitacións abundantes (1.081 mm en Auckland).... -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do SO dos Países Baixos (2.932 km2; 371.866 h [2000]). A capital é Middelburg (44.668 h [1997]). Comprende o esteiro de Escalda, coas illas Walcheren, Zuid-Beveland, Noord-Beveland, Tholen e Schouwen, a península de Sint-Philipsland na rexión continental do Flandres zelandés. É un territorio chan, formado por arxilas aluviais, protexido do mar polas murallas dos diques. Os recursos económicos baséanse na agricultura e na gandaría. Aínda que Middelburg é a capital, o centro principal é Vlissingen. Habitada polos celtas, foi dominada por Roma (ss I a C- IV d C), e máis tarde, por Carlomagno. Formou parte do reino de Lotario I desde 843, e durante a Alta Idade Media foi un condado que gozou dunha certa independencia, ata que pasou á casa de Borgoña (1428). En 1579 asinou a Unión de Utrecht, que deu orixe ás Provincias Unidas. En 1815 integrouse no Reino dos Países Baixos.