"Zimbabwe" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • LOCALIDADES

    Localidade arqueolóxica de África meridional situada ao S de Zimba­bwe, 24 km ao SL de Fort Victoria. Identificouse como a antiga capital do reino de Monomatapa. Trátase dun conxunto de construcións con bloques de granito que parecen datar dos ss IX-X a parte máis antiga, e dos ss XIV-XV a moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESTADO

    Estado da África meridional que limita ao N con Zambia, ao NL e ao L con Moçambique, ao S coa República Sudafricana e ao O con Botswana (390.757 km 2 ; 11.751.000 h [estim 2001]). A capital é /Harare /
    Xeografía física
    O país está constituído por unha masa de terras altas (altiplanos de Matabeleland ao SO e Mashonaland aoNL) que forman parte do grande antiplano da África central e meridional, no cal a erosión que actuou sobre materiais de diferente resistencia creou un relevo de socalcos que descenden á depresión do Zambeze ao N e á do Limpopo no S. As intrusións ígneas dan lugar ao Great Dyke, unha serra de outeiros que atravesa o país de SO a NL (Inyanga, 2.596 m). Distínguense tres zonas altitudinais: o Highveld por riba dos 1.400 m, o Middleveld de 700 a 1.400 m e o Lowveld por debaixo dos 700 m. O clima é tropical, pero acusa a influencia das diferenzas de altitude e por debaixo dos 1.000 m aumenta a amplitude térmica e aparecen...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Zimbabwe ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Zimbabwe.

    VER O DETALLE DO TERMO