Zimbabwe
Zimbabwe
Localidade arqueolóxica de África meridional situada ao S de Zimbabwe, 24 km ao SL de Fort Victoria. Identificouse como a antiga capital do reino de Monomatapa. Trátase dun conxunto de construcións con bloques de granito que parecen datar dos ss IX-X a parte máis antiga, e dos ss XIV-XV a moderna.