"andi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 305.

  • Masa cristalina, que se utiliza como absorbente de gases ácidos na industria de pinturas e, sobre todo, en forma de xabón, como emulsionante de aceites minerais, graxas e ceras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Franciscano que desempeñou importantes cargos na súa orde. Orador distinguido, colaborou en El Eco Franciscano, do que chegou a ser subdirector. Entre as súas obras cabe citar Páginas espirituales de vida sobrenatural (1925), Leyenda de San Francisco de Asís escrita por tres de sus compañeros (1927) e Suma espiritual para las almas religiosas (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político vasco. En 1929 ingresou no PNV-EAJ (Partido Nacionalista Vasco) e foi membro do Euskadi Buru Batzar, órgano superior do partido. Defensor da legalidade republicana, viuse na obriga de asinar o pacto de Santoña (1937), polo que Bilbao se rendía e entregaba as milicias vascas ao corpo expedicionario italiano. Prisioneiro durante seis anos, en canto o ceibaron incorporouse á resistencia, destacando como un dos líderes das folgas de 1947 e 1951. Coa restauración das liberdades democráticas, foi un dos máximos impulsores da Fronte Autonómica, (formada polos partidos nacionalistas e o PSOE) nas eleccións de 1977, sendo elixido deputado por Bizkaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neuropsiquiatra vasco. Foi catedrático de Psiquiatría da Universidade de Xenebra e director do hospital psiquiátrico de Bel Air na mesma cidade, que baixo o seu maxisterio se converteu nun centro de formación de sona internacional. Entre as súas obras destacan Le cortex cérébral (O córtex cerebral, 1960) e Manuel de Psychiatrie de l’enfant (Manual de psiquiatría do neno, 1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de manganeso, MnS. Cristaliza no sistema cúbico, e os seus cristais adoptan unha estrutura maclada como a blenda; de cor negra-ferrosa ou acastañada e brillo semimetálico. Ten dureza 3,5-4 e peso específico 4,05. Chámase tamén blenda manganesífera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pintura romana ao fresco que representa un aspecto da cerimonia dunhas vodas e figuras mitolóxicas simbólicas. Descuberta en Roma no 1605, é un exemplar típico da pintura romana de influencia helenística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia nobre orixinaria da Toscana. No s Xll establécese en Florencia e lígase ao Partido Güelfo. A partir do s XVl instalouse en Roma. A ela pertence o Papa Clemente VIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, naturalista e humanista italiano. Catedrático de Botánica na Universidade de Boloña (1560) e fundador dun xardín botánico (1568); escribiu numerosas obras de historia natural. A súa farmacopea Aantidotarii Bononiensis epitome acadou moita sona e foi, xunto coa de Gesner, o modelo doutras obras semellantes ata Buffon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Francisco Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato alumínico férrico, Fe3Al2Si3 O12, do grupo do granate. Cristaliza no sistema cúbico, preséntase habitualmente en forma de grans arredondados, de exfoliación moi imperfecta e cor vermella, terrosa e ás veces tamén negra. Ten dureza 6-7,5 e peso específico 4,318. Os cristais grandes empréganse en xoiería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Francia, que comprende os departamentos do Eure e Sena Marítimo (12.317 km2; 1.776.980 h [estim 1995]). A capital é Rouen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta de transición entre a escola galaico-portuguesa e a poesía alegórico-dantesca italianizante. A súa vida e produción literaria esténdese ao longo dos reinados de Enrique II, Xoán I, Enrique III e Xoán II. Ligado dende sempre á Corte, acompañou a Fernando de Antequera cando se coroou como Fernando I de Aragón en Zaragoza no ano 1414. Empregou a poesía como medio de subsistencia, elaborando pezas en loanza dos seus protectores e mecenas (Álvaro de Luna, Fernando de Antequera ou Xoán II, entre outros). Tamén a vea satírica deixou bos exemplos na súa produción, como os ataques a Garci Fernández de Gerena, quen renegou da fe cristiá polo amor dunha moura. Os últimos estudios realizados sobre a súa obra distinguen dúas etapas poéticas, coincidentes coa evolución lingüística e literaria que se vive nesta época de transición (finais s XIV - comezos s XV), e que son resultado da convivencia e confrontación entre dúas concepcións distintas da poesía: na primeira fase, na que emprega maioritariamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sober baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da Terra de Lemos, na diócese de Lugo, que comprende as parroquias do concello de Sober.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área produtora do viño do mesmo nome, integrada polas parroquias de Doade, Amandi, Lobios, Pinol e Santiorxo, no concello de Sober, hoxe incluída na Denominación de Orixe Ribeira Sacra, cunha superficie de cultivo de 400 hectáreas e cunha produción de 350.000 litros, dos que o 70% son de tinto, e o 30% de branco. O cultivo da vide na Ribeira Sacra foi introducido polos romanos, a principios do s I d C, ao decatáranse da excepcionalidade da localización xeográfica para a produción de viño, na solaina dos canóns do Sil. Para a plantación do viño o traballo foi enorme polo forte desnivel da ribeira, que fixo precisa a gradación dos bancais de pedra para evitar os arrastres e a erosión da pequena capa de solo que tiñan para acadar o encaixamento das cepas cuns mínimos de profundidade. Nesta magna obra, que aínda perdura tras case dous mil anos de historia, traballaron 5.000 escravos trasladados para a mesma dende os complexos mineiros das Médulas e Montefurado. Na Idade Media, viuse incrementado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Globulina vexetal presente nas améndoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista periódica especializada en haxiografía que publica de xeito anticipado os resultados das investigacións que aparecerán definitivamente nas Acta Sanctorum. Contén así mesmo un amplo repertorio bibliográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘moi grande’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘xoia’.

    VER O DETALLE DO TERMO