"beiro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 108.

    1. Lugar que ofrece protección contra o vento, o frío ou a chuvia.

    2. Protección contra a adversidade.

    3. abrigo rochoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto dioico de ata 14 m de altura, perennifolio, de follas coriáceas, lustrosas e de beiras onduladas e espiñentas, aparecendo follas lisas e de marxe enteira nas partes superiores. Flores abrancuxadas, tetrámeras, de 8 mm, en acios apretados nas axilas das follas que no inverno seguinte dan lugar a un froito en drupa vermello e velenoso para o home. Distribuído no sur e oeste de Europa e en montañas do norte de África, na Península Ibérica ocupa principalmente a metade norte. Aparece amplamente distribuído en Galicia, tendo as mellores representacións de acivreiras nas serras de San Mamede e dos Ancares. Moi empregado en xardinería pola tolerancia das podas e as múltiples variedades foliares A madeira, clara, dura e pesada, estímase en ebanistería e as pólas novas para aguilladas e mangos. Coa casca faise o visgo empregado para a captura de pequenos paxaros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aquilo que tira a branco ou que é moi branco. Así, fálase do pan albeiro ou pan de trigo moi branco e fino, e da chambra albeira.

    2. Muíño empregado só para moer trigo. Recibe o nome de muíño albeiro ou muíño fariñeiro.

    3. Orixinariamente era un pano branco de liño onde se botaba a cabaza para facer as morcillas na época da matanza.

    4. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘branco’.

    5. pedra albeira Pedra do muíño empregada só para moer o trigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia baixo a advocación de san Lourenzo, absorbida polo núcleo urbano de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que non di a verdade, que engana e trabuca á xente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ten ou manexa unha almadraba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lenzo ou peza de tea que se lles pon aos nenos pequenos debaixo do queixo e que cobre o peito para que non manchen a roupa con babas ou con comida.

    2. Bata que empregan os nenos.

    3. Lenzo utilizado por algunhas ordes relixiosas como peto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe oriúnda de Lugo. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Badeiro, Babadeiro e Babadoiro. As súas armas levan, en campo de goles, un babeiro de neno en forma de blusa abotoada por detrás.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lenzo ou peza de tea que se lles pon aos nenos pequenos debaixo do queixo e que cobre o peito para que non manchen a roupa con babas ou con comida.

    2. Bata que empregan os nenos.

    3. Lenzo utilizado por algunhas ordes relixiosas como peto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe oriúnda de Lugo. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Badeiro, Babadeiro e Babadoiro. As súas armas levan, en campo de goles, un babeiro de neno en forma de blusa abotoada por detrás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que tivo a súa orixe nun antigo alcume profesional. Documéntase no s XV: “Pedro Barbeiro” (doc ano 1454 en X. Ferro Couselo A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, 1967, p 58).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quen ten por oficio afeitar e asear a barba e cortar e peitear os cabelos.

    2. O que tiña por oficio afeitar e exercía tamén a cirurxía menor. Na Idade Media o barbeiro era considerado un profesional da cirurxía. Non obstante só podían realizar cirurxía menor (aplicación de sangrías, extracción de pezas dentais). Por Real Orde do ano 1860 foille prohibido aos barbeiros en España continuar o exercicio da cirurxía menor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il barbiere di Siviglia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Le barbier de Séville ou la précaution inutile.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ordes baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Santiago de Compostela que abrangue todas as parroquias de Frades e Mesía (agás a de Bruma) e as de Borrifáns e Filgueira de Traba (concello de Cesuras), Barbeiros, Beán e Vilamaior (concello de Ordes) e Os Ánxeles, Calvente, Cardama, Marzoa, Pasarela e Senra (concello de Oroso).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Illote da beira meridional da ría de Arousa, situada ao L da illa da Toxa (parroquia e concello do Grove) e ao O da praia Seíñas, na parroquia de Castrelo (concello de Cambados).

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 150 metros ANCHURA MEDIA: 5 metros GRAO OCUPACIÓN: Baixo GRAO URBANIZACIÓN: Aillada PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Rochas / Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: ZONA DE FONDEO: Non NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Si Tipo: Espazo Natural/Prop. Red Natura 2000 BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballeda de Avia baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ourense baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO