albeiro -ra
albeiro -ra
(< lat albariu < albus‘blanco’)
-
adx
Aquilo que tira a branco ou que é moi branco. Así, fálase do pan albeiro ou pan de trigo moi branco e fino, e da chambra albeira.
Ex: Comemos un pan albeiro no restaurante que nos recomendaches.
Sinónimos: albar. -
s
m
Muíño empregado só para moer trigo. Recibe o nome de muíño albeiro ou muíño fariñeiro.
Ex: Fomos visitar cos rapaces da escola o muíño albeiro.
-
s
m
Orixinariamente era un pano branco de liño onde se botaba a cabaza para facer as morcillas na época da matanza.
Ex: Colle o albeiro e envolve a cabaza!
-
adx
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘branco’.
-
pedra albeira Pedra do muíño empregada só para moer o trigo.