Albee, Edward

Albee, Edward

Dramaturgo norteamericano. En parte das súas obras critica a sociedade dos EE UU: The Zoo Story (Historia do zoo, 1959), The American Dream (O soño americano, 1961); noutras obras, acóllese á tradición norteamericana do drama psicolóxico: Who’s Afraid of Virginia Woolf ? (Quen teme a Virginia Woolf?, 1962). De entre as súas obras cómpre mencionar Seascape (1975), premio Pulitzer, The Lady from Dubuque (A dama de Dubuque, 1977-1979), Finding the Sun (Atopando o Sol, 1982), Marriag Play (O xogo do matrimonio, 1986-1987) e Tree Tall Women (Muller alta coma unha árbore, 1990-1991). En galego realizouse un espectáculo a partir dun texto seu, Historia do Zoo, estreado polo grupo Ítaca no 1981 con dirección de Eduardo Puceiro Llovo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Washington