"bute" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • Líquido moi inflamable, de olor desagradable e con propiedades asfixiantes, que ferve entre 37,5°C e 38,5°C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico alemán. Foi profesor nas universidades de Göttingen, Danzig, Tübingen e Múnic. En 1936 foi nomeado director do Instituto Max Planck de bioquímica. Investigou as feromonas das bolboretas e conseguiu illar e identificar diversas hormonas sexuais humanas (foliculina, androsterona e proxesterona), investigando ademais as súas posibles propiedades carcinóxenas. En 1939 recibiu, xunto con Leopold Ružička, o Premio Nobel de Química, pero o goberno nazi prohibiulle aceptalo. En 1963 foi investido doutor honoris causa pola Universidad Complutense de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radical univalente de fórmula C4H7 -.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos alquenos isómeros de fórmula C4H8, dos que existen os seguintes: 1-buteno, cis-2-buteno, trans-2-buteno e isobutileno. Os tres primeiros son butenos normais e o cuarto é o 2-metilpropeno. Fórmase no cracking ao que se somete o petróleo para obter gasolina; comercialmente tamén se obtén por deshidroxenación do butano. Emprégase para a obtención do octano por dimerización e do butadieno por deshidroxenación dos isómeros normais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos accipítridos ao que pertencen o miñato común e o miñato colirrubio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de tres heroes da mitoloxía grega. O primeiro, un dos fillos de Bóreas, tentou matar a Licurgo, o seu medio irmán, pero fracasou e tivo que fuxir a Naxos, onde viviu dedicándose á piratería. Nunha expedición a Tesalia raptou a Corónide, ama de cría do deus Dióniso, e como castigo enlouqueceu e tirouse a un pozo onde morreu. Outro foi fillo do rei de Atenas Pandión, que exerceu o sacerdocio de Atenea e Posidón. O terceiro heroe deste nome foi un dos participantes na expedición dos arg­onautas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • En gran cantidade ou abundancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Elixido cónsul no 245 a C, foi nomeado ditador no 216 a C coa misión de cubrir as vacantes que se produciran entre os senadores despois da derrota de Cannas. Introduciu no Senado os maxistrados curuis, os edís e os tribunos da plebe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • isobutileno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos accipítridos, ao que pertence a especie P. unicinctus, que se caracteriza por ter a plumaxe de cor parda tirando a negra, cola con base e punta branca, peteiro gris e patas amarelas. Aliméntase de pequenos mamíferos, aves, réptiles e invertebrados. Habita en América do Sur desde o nivel do mar ata os 1.800 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO