Fabio Buteo, Marco
Fabio Buteo, Marco
Xeneral e político romano. Elixido cónsul no 245 a C, foi nomeado ditador no 216 a C coa misión de cubrir as vacantes que se produciran entre os senadores despois da derrota de Cannas. Introduciu no Senado os maxistrados curuis, os edís e os tribunos da plebe.