"gravetense" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Relativo ou pertencente ao Epigravetense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecnocomplexo do final do Paleolítico Superior da conca mediterránea. Denomínase tamén solutreo-gravetense e caracterízase pola microlitización da ferramenta de dorso de tradición gravetense. Presenta varias fases ou variantes tipolóxicas locais segundo os xacementos, entre os que salientan Badanj e Crvena Stijena en Bosnia, Sandalja II na península de Trieste, Dömös en Hungría e a cova do Parpalló en València. En Galicia correspóndese coas fases finais do Solutrense e do Madalenense Inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Gravetense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecnocomplexo lítico do inicio do Paleolítico Superior (26.000 a C-20.000 a C) que tomou o nome do xacemento occitano de La Gravette (Dordogne). Incluído primeiramente no Auriñacense, considerouse máis tarde como unha fase superior do Perigordense. Caracterízase polo predominio da técnica de dorso rebaixado na industria lítica cos fósiles directores da punta de La Gravette e o buril de tipo Noialles, pola presenza de pezas óseas con marcas de caza e polo desenvolvemento da arte moble e rupestre. Durante este período acadaron o seu máximo esplendor as representacións de figuras humanas femininas, as venus, entre as que destacan a de Willendorf (Austria), a de Lausel (Francia) e a dama de Brassempouy (Francia). Estendeuse por Europa central e meridional e Rusia, onde recibiu o nome de Pavloviano. Na Península Ibérica, entre os xacementos deste período destacan Cueto de la Mina (Asturias), a cova de El Pendo (Cantabria) e Bolinkoba (Euskadi), onde apareceron burís do tipo Noailles, puntas...

    VER O DETALLE DO TERMO