"lucas" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 34.

  • PERSOEIRO

    Político, economista e historiador mexicano de familia española. Foi ministro en gobernos conservadores (1823-1853) e axudou a facerse co poder a Santa Anna. Escribiu unha Historia de México (1849-1852).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta pertencente á xeración do 36. Foi alumno de Xosé Filgueira Valverde en Pontevedra e abandonou os estudios durante a Guerra Civil por motivos familiares. Obtivo diversos galardóns literarios como o Primeiro Premio de Poesía do Instituto Nacional de Servicios Sociais de Madrid (1983), ou o Primeiro Premio de Poesía que en 1985 lle outorgou o concello de Marín pola composición “O meu soño nunha beira de ledicias”. Colaborou habitualmente en publicacións pontevedresas, como Sonata Gallega e Portocelo. Deuse a coñecer literariamente coa escolma de poemas Cos dados do soño (1987), que contén composicións relixiosas e outras dedicadas a Marín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín editado por mor das festas As San Lucas de Mondoñedo. No exemplar de 1941 aparecía poesía galega da man de Xosé Mª de la Fuente, Xosé G. Cascudo e Eduardo Lence-Santar, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación anual das festas As San Lucas de Mondoñedo e relacionada tematicamente coa publicación da posguerra. O número de outubro de 1991 está dedicado á figura de Álvaro Cunqueiro coa reprodución dalgúns artigos seus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo, catedrático de Gramática Xeral e de Crítica Literaria na Universidad de Madrid. Foi secretario e despois director do Instituto Miguel de Cervantes do CSIC. Ocupouse especialmente da preceptiva e da métrica. É autor de Sistema de rítmica castellana (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación periódica editada entre o 21 de xullo de 1895 ata o 31 de octubre. Saía quincenalmente os días 15 e 30 de cada mes. Foi dirixida por Emilio Tapia e editábase en Mondoñedo, na imprenta Mancebo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. En 1606 dourou e pintou o retablo da capela de San Froitoso, na catedral de Santiago de Compostela, e o retablo principal de Santo Estevo de Covas (Ames). Está documentado que en 1620 estivo preso no cárcere da Torre da Praza por causa dunha querela imposta polo escultor Francisco de Antas, aínda que este retirou a denuncia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lucas Kronach.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e músico. Foi cantor da catedral de Salamanca e profesor de música na universidade. É autor dun conxunto de pezas recollidas no volume Farsas y églogas al modo pastoril (1514), un dos piares do drama castelán primitivo, tanto na súa dimensión profana (Comedia de Bras-Gil y Berenguella) como na relixiosa (Églogas de Navidad e Auto de la Pasión).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse con Fernando de Casas, a quen substituíu como mestre de obras da catedral en 1749. Traballou co seu mestre na capela de Nosa Señora dos Ollos Grandes na catedral de Lugo (1727), onde tamén fixo a capela de San Roque (1730), que reedificou en 1734. En Lugo realizou a casa dos Sangro (1730) e a casa do concello (1735), na que destaca a fachada cun corpo de soportais ao xeito das loxas e con dúas torres nas esquinas. A primeira obra que trazou en Santiago de Compostela foi o colexio de Exercitantes (sede do Instituto de Ciencias de Educación). Nos anos seguintes encargouse da ponte Ulla en Vedra (1741) e reedificou o arco de ingreso á capela do colexio de Fonseca (1744). En San Paio de Antealtares traballou na galería situada sobre a Porta dos Carros (1749). Na catedral compostelá traballou na reconstrución da á occidental do claustro tralo incendio de 1751 e en 1757 deu as trazas á fachada da Acibechería que comezou a construírse en 1759 coa colaboración de Clemente Fernández...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Toureiro. Coñecido como Luis Miguel Dominguín, foi membro dunha dinastía taurina. Tomou a alternativa na praza da Coruña en 1944 e confirmouna en Madrid en 1946. Destacou pola variedade dos seus recursos coa muleta. Retirouse en 1960 e volveu de novo en 1971 ata que se retirou definitivamente en 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Kronach, Franconia 1472 - Weimar 1553) Pintor e gravador alemán. Descoñécese o seu verdadeiro apelido: Müller, Maler ou Sünder. Aprendeu co seu pai, Hans Kronach , pintor e gravador. A principios do s XVI estableceuse en Viena, onde traballou en dúas versións da Crucifixión, realizou os retratos de Johannes Cuspinian e da súa dona Anna e pintou as primeiras obras paisaxísticas, como Descanso na fuxida a Exipto (1504). Foi pintor da corte do elector de Saxonia Federico III en Wittemberg (1504). Nos Países Baixos (1508-1509) coñeceu a obra dos pintores holandeses contemporáneos. Foi o intérprete e divulgador da nova iconografía protestante, e no cuarto decenio do século deixou a pintura para consagrarse á política e ao comercio. A súa obra presenta unha temática diversa, ás veces contraditoria, e constitúe unha crónica da vida cortesá de Wittenberg. Fixo retratos de personaxes protestantes e católicos, e da corte como Alberte de Brandenburgo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrado. Comezou a traballar no Real Consulado da Coruña en 1787, do que foi secretario en 1802. Intérprete do xefe do Estado Maior das tropas francesas na Coruña durante a invasión napoleónica, foi secretario da Junta Censora constituída polos liberais (1820). Secretario da Deputación Provincial de Ourense (1822), en 1823 reintegrouse no Real Consulado da Coruña como secretario. Destaca a súa obra Expostulatio cum morte ob interitum Rmi. Patris Martini Sarmiento e Descripción económica del Reyno de Galicia (1804), onde definiu o seu pensamento económico, presentou a xeografía e a economía intimamente ligadas e denunciou o atraso económico de Galicia, a inxustiza social e o parasitismo administrativo ao tempo que reivindicou diversas reformas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis e tamén do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘caldeiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que deriva do nome grego Lukas, apócope ou forma hipocorística de Lukanós ‘procedente de Lucania’, latinizado en Lucas ou Luca. Tampouco se desbota que proceda do grego Lukius ou do latín Lucius ‘luminoso’. Con este nome destaca o evanxelista san Lucas (s I).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Especializouse en Paleografía e Diplomática na Universidade de Santiago de Compostela e foi secretario xeral da universidade (1961-1968), vicerrector (1968-1974) e reitor (1974-1975). Concelleiro e primeiro tenente de alcalde no concello de Santiago de Compostela (1955-1961), foi deputado provincial (1958-1963). Presidente do Consello de Administración da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Santiago (1964-1980), presidiu a Confederación Gallega de Cajas de Ahorros (1965-1980) e foi vicepresidente da Caja de Ahorros de Galicia. Escribiu El Santuario de Nuestra Señora de Pastoriza (1951), La colección diplomática del Monasterio de San Lorenzo de Carboeiro (1958), El archivo del monasterio de San Pedro de Ramiras en la Edad Media (1981), Santuarios marianos de Galicia: historia, arte y tradiciones (1995), El Priorato Benedictino de San Vicenzo de Pombeiro y su colección diplomática en la Edad Media (1996) e El Archivo del Monasterio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo, predicador e escritor. Organizou o grupo dos irmáns bohemios. Apoiou a reforma luterana, pero achegouse ideoloxicamente a Zwingli e coincidiu coa doutrina católica na cuestión dos sacramentos, o sacerdocio e o celibato eclesiástico. Escribiu himnos (1505) e un catecismo (1522).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e cronista. Bispo de Tui (1239-1249), combateu a herexía albixense en De altera vita fideique controversiis adversus albigensium errores libri tres (1612). Escribiu Vita Sancti Isidori e Chronicon mundi (1236), que constitúe un intento de historia xeral da Penínula Ibérica ata 1236. É unha obra acrítica, pero relevante para o estudo da épica castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi presidente da Junta de Castilla y León polo Partido Popular (1991-2001), ministro da Presidencia (2001-2002) e presidente do Senado en (2002-2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador holandés. O seu estilo é o resultado da unión das influencias italianas recibidas a través do seu mestre C. Engebrechtszoon, con elementos fantásticos que teñen orixe na pintura de H. Bosch. O seu naturalismo anuncia a pintura holandesa do s XVII. Entre as súas obras destaca Lot e as súas fillas, o tríptico do Xuízo Final (1526) e os gravados Ecce Homo e Camiño do Calvario.

    VER O DETALLE DO TERMO