"nente" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 39.

    1. Que se abstén.

    2. Que practica a abstinencia.

      1. Que respecta e observa as abstinencias impostas por preceptos relixiosos.

      2. Designación que recibían na Igrexa primitiva os homes e mulleres que se abstiñan do matrimonio e de calquera relación sexual como vieiro para o perfeccionamento relixioso.

    3. Corrente gnóstica que se caracterizaba fundamentalmente polo desprezo do mundano, do alimento e do matrimonio como feitos demoníacos que, dun xeito ou doutro colaboraban na suxeición da alma á prisión opresiva da materia. O agnosticismo foi documentado na Aquitania, nas Galias e na Hispania por Filastro de Brescia a finais do s IV. Por fontes priscilianistas, sábese da presencia en Galicia dunha comunidade quase-abstinente composta por cregos e leigos, homes e mulleres, mesmo parellas, dedicados á práctica ascética. Defendían o xaxún non preceptivo, a lectura pía e a oración. Ademais, pénsase que non consumían carne e celebraban conciliábulos nocturnos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Referente ao que se expresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo alemán. Está considerado como o primeiro especialista en fotografía artística. Dedicouse a retratar imaxes dende os anos 80 do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos elementos que forman parte da composición dalgunha cousa.

    2. Aplícase a cada un dos elementos lingüísticos que entran nunha composición conforme a unhas regras de formación específicas.

      1. Cada un dos factores que compoñen un vector ou un tensor.

      2. Factores que definen as características dun vento, especialmente a dirección da que procede.

    3. Calquera elemento ou dispositivo destinado a formar parte dun circuíto electrónico. Fálase de compoñentes activos (transistores, tubos, diodos) e de compoñentes pasivos (resistencias, condensadores, bobinas). Tamén se aplica esta designación xenérica aos dispositivos fotoeléctricos, aos circuítos integrados, aos microcircuítos, etc.

    4. Substancia que forma parte dunha mestura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten relación co que se expresa. OBS: Emprégase seguido da preposición a.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que practica a continencia.

    2. Aplícase á cousa que contén outra dentro de si.

      1. Cada unha das grandes extensións de terra emerxida. Desde un punto de vista estrutural, os continentes engloban tamén as plataformas continentais somerxidas, que descenden suavemente desde o litoral ata profundidades de 200 m. A separación entre as terras somerxidas e emerxidas denomínase noiro continental. Estruturalmente, os continentes son Eurasia, América do Norte, América do Sur, Oceanía e A Antártida; sen embargo, desde un punto de vista histórico ou xeográfico tradicional, en Eurasia distínguese entre Europa e Asia, mentres que América se considera un único continente. As terras emerxidas supoñen aproximadamente o 29% da superficie total da codia terrestre e agrúpanse principalmente no Hemisferio Norte. Se se consideran as plataformas continentais como parte dos continentes, a superficie continental total aumenta ata o 35%. As illas que se atopan na plataforma continental dun determinado continente considéranse parte do mesmo; este é o caso de Groenlandia, Tasmania ou as...

      2. Cada un dos bloques continentais en relación ás illas próximas.

      3. novo continente /

        Denominación aplicada a América dende unha perspectiva eurocéntrica, a partir dos descubrimentos colombinos de finais do s XV, en contraposición ao vello continente que constituía Europa.

      4. vello continente /

        Denominación aplicada a Europa a partir da chegada dos españois a América, como contrapunto dese novo continente, ignoto polos europeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen depón.

      1. Aplícase á voz media do latín, é dicir, a aqueles verbos que expresaban que a acción realizada polo suxeito recaía sobre el ou sobre as súas cousas. Segundo os gramáticos latinos eran verbos que “abandonaran” (deponere) a flexión activa para tomar a flexión pasiva, aínda que conservando o seu sentido activo. Son depoñentes, por exemplo, orior (‘nacer’), vescor (‘alimentarse’), morior (‘morrer’) e potior (‘apoderarse de’). Poden pertencer a calquera das catro conxugacións e o seu enunciado ten os mesmos elementos ca calquera outro verbo, pero sen supino. Ao usarse como activos, poden ir acompañados de complemento directo.

      2. depoñente activo

        erbo latino con desinencias activas e significación pasiva, por exemplo, fio (‘son feito’) e vapulo (‘son azoutado’).

    2. Persoa que efectúa un depósito, polo que entrega a outra, o depositario, unha cousa moble para que a garde ata que a primeira lle reclame a súa devolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é máis alto ou sobresaínte no seu tamaño cás cousas circundantes.

    2. Que sobresae ou destaca polas súas boas calidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen expón.

    2. Persoa ou cousa representativa do máis característico dun xénero, grupo ou categoría.

      1. Número de veces que se multiplica por si mesma a base dunha potencia.

      2. Número ou expresión alxébrica que se pon na parte superior dereita doutro número ou expresión e que indica o número de veces que este se ten que multiplicar por si mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONTINENTES

    Continente hipotético que comprendería América do Sur, África, Madagascar, India, Australia e A Antártida e que, xunto co continente de Laurasia, formaban o de Panxea. Segundo a teoría da deriva dos continentes e a tectónica de placas, África e América do Sur, unidas ao final do Cretáceo, comezáronse a separar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non vén ao caso.

      1. Que ou quen fai ou di cousas que resultan molestas, irreverentes ou que están fóra de lugar.

      2. Propio da persoa impertinente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que impón algo non material, especialmente temor ou medo.

    2. Que é moi bo ou magnífico.

    3. Que é moi guapo ou atractivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que impón algo non material, especialmente temor ou medo.

    2. Que é moi bo ou magnífico.

    3. Que é moi guapo ou atractivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non é capaz de conterse.

    2. Que ou quen padece incontinencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á inmanencia.

    2. Que está intimamente unido a algo ou a alguén, debido á súa natureza

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está a piques de ocorrer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONTINENTES

    Protocontinente do hemisferio N que se contrapón ao de Gondwana do hemisferio S. Os dous protocontinentes fragmentáronse a partir do supercontinente chamado Panxea que agrupaba, durante o Paleozoico Inferior, a totalidade da superficie continental da Terra. Laurasia estaba formada por América do Norte, Groenlandia e Eurasia, excluíndo India.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que está directamente baixo as ordes do xefe e con autoridade para substituílo en situacións determinadas.

    2. Oficial real que representaba ao monarca durante a súa ausencia en cada un dos estados patrimoniais da monarquía aragonesa entre os ss XV e XVIII. A figura tivo a súa orixe no absentismo real. Nun principio tiña carácter permanente, e cesaba automaticamente cando o rei entraba no reino. Institucionalizouse posteriormente, en Catalunya en 1479, en Aragón en 1492 e en València en 1520. Nos reinos de Nápoles e Sicilia prevaleceu a denominación de vicerrei desde o s XVI. O cargo foi suprimido polos Decretos de Nueva Planta.

    3. Persoa que substituía o monarca, na Baixa Idade Media, durante a súa ausencia ou en casos de incapacidade. Normalmente este cargo recaía na raíña, no infante primoxénito ou no herdeiro da coroa e, malia que o título fose máis ou menos permanente, a lugartenencia exercíase por un breve período de tempo ou en situacións de carácter circunstancial. As súas atribucións eran amplas, con facultades delegadas para convocar e presidir as Cortes, convocar e presidir o Consello Real e realizar todos os actos propios do soberano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pantón baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO