lugartenente

lugartenente

(

  1. s m

    Persoa que está directamente baixo as ordes do xefe e con autoridade para substituílo en situacións determinadas.

    Ex: O xefe dos bandidos fuxiu, pero detiveron o seu lugartenente.

  2. lugartenente xeral

    Oficial real que representaba ao monarca durante a súa ausencia en cada un dos estados patrimoniais da monarquía aragonesa entre os ss XV e XVIII. A figura tivo a súa orixe no absentismo real. Nun principio tiña carácter permanente, e cesaba automaticamente cando o rei entraba no reino. Institucionalizouse posteriormente, en Catalunya en 1479, en Aragón en 1492 e en València en 1520. Nos reinos de Nápoles e Sicilia prevaleceu a denominación de vicerrei desde o s XVI. O cargo foi suprimido polos Decretos de Nueva Planta.

  3. lugartenente real

    Persoa que substituía o monarca, na Baixa Idade Media, durante a súa ausencia ou en casos de incapacidade. Normalmente este cargo recaía na raíña, no infante primoxénito ou no herdeiro da coroa e, malia que o título fose máis ou menos permanente, a lugartenencia exercíase por un breve período de tempo ou en situacións de carácter circunstancial. As súas atribucións eran amplas, con facultades delegadas para convocar e presidir as Cortes, convocar e presidir o Consello Real e realizar todos os actos propios do soberano.

Palabras veciñas

lugar | lugar | lugartenencia | lugartenente | lugdunense | Lugdunum | luge*