lugar
(
-
Cargo ou condición de lugartenente.
-
-
s
m
Porción determinada do espacio.
Ex: O meteorito caeu nalgún lugar do océano.
-
lugar cerrado
[DER]
Expresión referida á limitación do dereito de establecemento de certas profesións en determinadas localidades.
-
lugar sagrado
[RELIX]
Espacio vinculado á divindade que se destina a gardar as reliquias e serve de asilo aos perseguidos.
-
lugar santo
[RELIX]
Cada un dos lugares de Palestina que foron escenario da predicación e Paixón de Xesús Cristo. Destacan O Calvario, o Santo Sepulcro e a horta de Xetsemaní.
-
lugar xeométrico
[MAT]
Conxunto de puntos do plano ou do espazo que comparten as mesmas propiedades
-
s
m
-
s
m
Porción de espazo que lle corresponde a algo ou alguén
Ex: Este non é o lugar no que debía estar colocado. O seu lugar de traballo é aquela mesa.
-
s
m
Sitio que algo ou alguén ocupa dentro dunha serie ou conxunto.
Ex: Perdiches o teu lugar na fila. Cantará en cuarto lugar.
Sinónimos: posición. -
s
m
Circunstancia en que alguén se atopa.
Ex: Non sei qué faría no teu lugar. Deixáchesnos en mal lugar ó non cumprir o que prometeras.
Sinónimos: situación. -
lugar teolóxico
[RELIX]
Fonte de onde a teoloxía extrae os seus principios e argumentos.
Frases feitas
-
Dar lugar a. Causar ou provocar algo. Ex: A súa presenza deu lugar a moitas protestas.
-
Fóra de lugar. Non ser algo oportuno ou conveniente.
-
Poñer/pór a alguén no seu lugar. Facer que alguén vexa a actitude ou situación que lle corresponde. Ex: Tiven que ir falar cos veciños e poñelos no seu lugar.
-
Poñerse/pórse no lugar de. Supoñer a situación doutra persoa. Ex: Se te puxeses no meu lugar, entenderías por qué o fixen.
-
Sen lugar a dúbidas. Sen que exista ningunha dúbida.
-
Ter lugar. Ocorrer algo. Ex: A festa terá lugar na carballeira.
-
En lugar de. En substitución de algo ou de alguén. Ex: Elixiume a min en lugar de a ti. En lugar de protestar é mellor que cales e traballes.