"nidi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 33.

  • Xénero de arbustos gabeadores, dioicos, da familia das dileniáceas e orixinarios de Asia. Presentan follas alternas e caducas, flores brancas e froitos en baias comestibles denominados kiwis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica dos sales (en xeral cloruros) de polihidroxiflavilio (polihidroxio-2-fenil-5,6-benzopirilio) que constitúen as agliconas das antocianinas e que son responsables da súa coloración. As coloracións dependen do pH do medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado patolóxico provocado pola picada dos arácnidos, as arañas especialmente. Pode comportar trastornos locais no lugar da picadela ou trastornos xerais que, ás veces, poden chegar a producir a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia cristalina que funde a 130°C. Actúa como antagonista dos receptores α-adrenérxicos dos centros vasomotores con efectos sobre o sistema nervioso central. Emprégase en medicina como antihipertensor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno conceptáculo esporífero propio de diversos liques, aberto por un poro estreito, produtor de picnoconidios e probablemente asimilable a un picnidio, como o de moitos ascomicetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao conidio.

    2. Fase de desenvolvemento dun fungo durante a que se reproduce por conidios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espora asexual de moitos fungos formada pola constrición do extremo dunha hifa que, ao estar especializada nesta función reprodutora, recibe o nome de conidióforo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos filamentos do micelio dun fungo que se presentan erectos, máis ou menos longos, ramificados ou non, e produtores e portadores dos conidios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á estrutura reprodutora que produce conidios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Branquia de certos moluscos gasterópodos, con forma de peite, que se localiza na cavidade do manto.

    2. Cada unha das láminas transversais en forma de peite, que se dispoñen constituíndo oito bandas radiais na superficie dos ctenóforos, cunha función locomotora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento vermello apardazado do grupo das antocianidinas que se dá nalgunhas herbáceas do xénero Delphinium.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos drepanídinos.

    2. Ave da familia dos drepanídinos.

    3. Familia de aves, da orde dos paseriformes, emparentada coa familia dos frinxílidos, que comprende unhas 30 especies endémicas das illas Hawaii. Presentan distintas formas de peteiros en función da súa alimentación e, deste xeito, as especies especializadas na alimentación con néctar teñen picos extremadamente longos e curvos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das algas unicelulares que entran na constitución dos liques.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imina que deriva da urea. É unha substancia incolora, soluble en auga, fortemente básica que se obtén por tratamento da urea con amoníaco a presión. Atópase na arxinina, creatina, creatinina e na guanina, de onde se obtivo, por primeira vez, por degradación. É o axente desnaturalizante de proteínas máis forte, propiedade que o fai útil en experimentación bioquímica. A guanidina e os seus sales empréganse na preparación de medicamentos, explosivos ou colorantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de audio dixital utilizado para a gravación e a reprodución en disco magnetoóptico. Foi presentado por Sony en 1992. De calidade comparable ao disco compacto, permite o acceso aleatorio aos datos, a posibilidade de cambiar de pista ou de reproducir fragmentos musicais sen interrupcións e admite a gravación do mesmo disco múltiples veces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nederlands Interdisciplinary Demographic Institute.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘niño’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á ave que, acabada de saír do ovo, é incapaz de sobrevivir e de medrar sen axuda dos pais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de nidificar.

    VER O DETALLE DO TERMO