minidisco

minidisco

(< mini- + disco)

s m [TECNOL]

Sistema de audio dixital utilizado para a gravación e a reprodución en disco magnetoóptico. Foi presentado por Sony en 1992. De calidade comparable ao disco compacto, permite o acceso aleatorio aos datos, a posibilidade de cambiar de pista ou de reproducir fragmentos musicais sen interrupcións e admite a gravación do mesmo disco múltiples veces.

Palabras veciñas

miniaturizar | minibar | minibásket | minidisco | minifundio | minifundismo | minifundista