minidisco
minidisco
(< mini- + disco)
s
m
[TECNOL]
Sistema de audio dixital utilizado para a gravación e a reprodución en disco magnetoóptico. Foi presentado por Sony en 1992. De calidade comparable ao disco compacto, permite o acceso aleatorio aos datos, a posibilidade de cambiar de pista ou de reproducir fragmentos musicais sen interrupcións e admite a gravación do mesmo disco múltiples veces.