minibásket

minibásket
s m [DEP]

Modalidade de baloncesto creada por Jay Archer en Scranton, EE UU, en 1950, co nome de biddy basket-ball, e introducido en Europa en 1961 por Anselmo López co nome de minibasket, dirixida a nenos e nenas entre 8 e 12 anos, en que se reducen as dimensións da cancha (28 x 15 m), do balón (entre 680 e 730 mm de diámetro e 450 e 500 g de peso) e a altura das canastras (2,60 m).

Palabras veciñas

miniaturización | miniaturizar | minibar | minibásket | minidisco | minifundio | minifundismo