guanidina

guanidina
Nome científico: [iminourea: HN =C(NH<sub> 2</sub> )<sub> 2</sub> ]
s f [BIOQ]

Imina que deriva da urea. É unha substancia incolora, soluble en auga, fortemente básica que se obtén por tratamento da urea con amoníaco a presión. Atópase na arxinina, creatina, creatinina e na guanina, de onde se obtivo, por primeira vez, por degradación. É o axente desnaturalizante de proteínas máis forte, propiedade que o fai útil en experimentación bioquímica. A guanidina e os seus sales empréganse na preparación de medicamentos, explosivos ou colorantes.

Palabras veciñas

guanche | Guangdong | Guangxi Zhuang | guanidina | guanilato | guanina | guano