guanche

guanche
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo guanche ou aos seus habitantes.

  2. s [ETN/HIST]

    Natural ou habitante do pobo guanche.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo que vivía nas illas Canarias antes do s XIV. Orixinarios do N de África, a súa cultura era de tipo neolítico, baseada no pastoreo de cabras e ovellas, na recolección de froitos e nunha limitada agricultura. Vivían en cabanas, non coñecían os metais, a roda e as embarcacións, pero posuían unha técnica de cerámica moi avanzada. Adoraban as divindades naturais e estaban gobernados por unha aristocracia con cargos electos e hereditarios.

Palabras veciñas

Guanajuato | guañape* | Guancha, La | guanche | Guangdong | Guangxi Zhuang | guanidina