Guangdong
Guangdong
Sheng de China, na rexión do Centro-Sur, na costa do mar de China meridional (178.000 km2; 86.420.000 h [2000]). A capital é Canton. Montañosa, pero con relevos de escasa altitude, a parte N pertence á conca hidrográfica do Iang-Tsé (ou río Azul), e o resto do territorio, á do río Zhu (ou das Perlas). Produce arroz, cana de azucre, tabaco e madeiras olorosas. Ten industrias mecánicas, de seda, algodón e cemento, e minas de tungsteno, manganeso, carbón e ferro.